Alegacións de EU-IU ao PEMU de Ferrol

ESQUERDA UNIDA  PRESENTA AS SÚAS ALEGACIÓNS AO PLAN DE EMERXENCIA MUNICIPAL

O GRUPO MUNICIPAL RECLAMA A INCLUSIÓN DE RISCOS SIGNIFICATIVOS  PARA A SAÚDE DA CIDADANÍA CASO DA PLANTA DE GAS DE REGANOSA OU O ARSENAL MILITAR

JAVIER GALÁN DENUNCIA  QUE O DOCUMENTO INCUMPRE O PLAN DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida vén de presentar as súas alegacións  ao PEMU para  salvar  as eivas que ao noso xuízo ten o documento e que xa manifestamos tanto na Comisión informativa como no Pleno.

Reclamamos, primeiramente, que se  incorpore no catálogo de instalacións  de interese, susceptibles de provocar  un incendio industrial polo súa consideración de industrias perigosas, a planta de gas de Reganosa, que aínda que non se atopa dentro do termo municipal do concello de Ferrol, afecta  polas súas características a nosa cidade en caso de producirse un accidente.

A clasificación  APELL de Nacións Unidas   deixa ben ás claras que os riscos derivados da planta de gas de Reganosa  son de carácter catastrófico polas súas consecuencias para a vida e a saúde, pola contaminación do medio ambiente  polas consecuencias para os bens materiais. As magnitudes  que contempla esta clasificación para a vida e saúde humanas ( máis de 20  persoas mortas e máis de 500 persoas evacuadas ), para o medio ambiente ( contaminación moi severa e con efectos dispersos ) e para os bens materiais ( máis de 20 millóns de dólares estadounidenses ) expresan a vulnerabilidade para as persoas e as cousas que se derivan do actual emprazamento da devandita planta.

A  lei 2/1985 de 21 de xaneiro sobre protección  Civil incide sobre as obrigas dos titulares da instalación de dispor dunha organización de autoprotección e dun Plan de Emerxencia Interior, e contempla asemade  a facultade dos órganos e autoridades competentes para requerir información sobre determinadas cuestións e maila  capacidade das Administracións Públicas para desenvolver un Plan de Emerxencia Exterior para que xunto ao interior  constitúan un único e integrado plan de actuación.

Tamén defendemos que  se contemple  e incorpore   no catálogo de instalacións  de interese, susceptibles de provocar  un incendio industrial  o Arsenal Militar polos riscos derivados da súa natureza.

Un aspecto descoidado no PEMU  son as cuestións de risco producidas polas canalizacións de fibrocemento existentes no noso termo municipal, canalizacións de fibrocemento que posúen fibras de reforzo de amianto e sílice, que o desprenderse incorpóranse o auga da traída, sendo o amianto un elemento que xera asbestose. A antiguedade das canalizacións do auga na cidade fai que boa parte das mesmas aínda sexan deste material co risco que supoñen os desprendementos deste material no auga consumida pola cidadanía.

Javier Galán defendeu a incorporación ao PEMU  da cuestión da xestión, transporte e eliminación dos residuos biolóxicos e radioactivos, que restan sen tratar neste documento.

Pedimos tamén que se coide a linguaxe e que, xa que logo, se modifique  no capítulo das Concentracións humanas  o nome do evento San Xosé Obreiro polo correspondente de Día Internacional da Clase  Traballadora.

O Grupo Municipal reclama que se contemple  no apartado de riscos sanitarios   a  cuestión das  drogodependencias  e dos mecanismos de alerta coñecidos como eventos centinela. Coidamos bon que se estabeleza un mecanismo de información entre o IMELGA ( Instituto de Medicina Legal de Galicia ) e o concello para comunicar as alertas que detecte o Instituto.

Javier Galán, fixo notar a súa particular mágoa polo incumprimento flagrante  das normativas municipais sobre Normalización Lingüística, esixindo a inmediata tradución do texto do PEMU á lingua propia de Galicia.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: