Desmentido do publicado en diversos medios de comunicación

Nota de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Fai poucos días, diversos medios de comunicación, ben por non confirmar debidamente as fontes de información, ou ben por prestar o seu apoio a Reganosa tal como algúns veñen facendo descaradamente desde o principio, transmitiron a noticia de que o Parlamento Europeo archivara a denuncia contra a ubicación da Planta de Gas de Mugardos.

Ao obxecto de desmentir as erróneas informacións difundidas, explicamos detalle do procedemento que esta denuncia está a seguir.


            Denuncia á que este Comité Cidadán de Emerxencia está achegando novos datos documentados que remarcan que, no seu actual emprazamento, esta Planta de Gas é extremadamente perigosa, ilegal e nociva para a sustentabilidade da Ría, ademais de innecesaria e cuxo mantemento supón un custo desproporcionado que, vía subvencións do Estado, estamos soportando todos os cidadáns.


           Por todo iso, este Comité, que cumpre os dez anos de loita contra este despropósito, demanda unha vez máis aos poderes públicos, a paralización da actividade da Planta de Gas e a revogación das súas licenzas.

 ACLARACIÓN

Os pasados 2 e 3 de Decembro os medios de comunicación [TV, Radio e Prensa Escrita] daban titulares como este:

El Parlamento Europeo cierra el expediente sobre Reganosa … La comisión de peticiones del PE se encargó de tomar la decisión…” [El Correo Gallego – 03.12.2009 P. HERMIDA]

Estaban-se referindo á Petición 1322/2007, presentada por Esquerda Unida de Galicia, Federación Roi Xordo de AAVV da zona urbana de Ferrol, e da Confraría de Pescadores de Ferrol sobre a apertura da planta de regasificación que Reganosa instalou en Punta Promontorio no concello de Mugardos. A petición foi presentada en Novembro de 2007 no rexistro de peticións do Parlamento Europeo, lugar onde se desprazou unha representación do Comité Cidadán, convidados polo grupo parlamentario de Esquerda Unida.

A Petición 1322/2007 foi admitida a trámite o 7 de maio de 2009. Respaldando-se no disposto no artigo 202, apartado 6, do Regulamento do Parlamento Europeo, a Comisión de Peticións solicitou á Comisión Europea que facilitase información ao repeito do asunto.

 A Comisión de Peticións recibe o Informe da Comisión Europea que con data 25.9.2009 reenvia aos membros da Comisión de Peticións. Este documento baixo o Titulo: “Comunicación aos Membros“, foi enviada a todos os membros do Pleno da Comisión de Peticións, así como  se fixo público na propia web do Parlamento Europeo.

Este é o Documento que utilizan os medios para elaborar a súa noticia de suposto peche do expediente sobre Reganosa na Comisión de Peticións.

Este Documemto que recolle na súa integridade o Informe da Comisión Europea, era un Documento que se tiña que tratar na Reunión Ordinaria do Plenario da Comisión de Peticións, do 1 e 2 de Decembro de 2009, onde se ía tratar a xa citada Petición 1322/2007, no ponto 32 de 91 puntos anexados máis que figuraban na orde do día.

Os medios deron por suposto que na citada reunión plenaria da Comisión de Peticións o ponto 32 [Petición 1322/2007] ía ser tratado, pechado o expediente  e acordado o seu arquivo.

Chegaron-se e dicer cousas como esta por parte de P. Hermida en “El Correo Gallego” do 03.12.2009:
Pero los eurodiputados no necesitaron ni un debate para archivar el expediente. La resolución atiende a las recomendaciones del Ejecutivo comunitario, partidario de ‘no proseguir con el asunto ya que no tiene sentido ni hay irregularidades’.

O Comité Cidadán de Emerxencia e Esquerda Unida, desmentiron o arquivo do expediente, máis non houbo nengún só medio que retificara, só publicaron algúns deles as notas das citadas entidades con anotacións ao marxe.
Hoxe, 18 de Decembro de 2009, a Comisión de Peticións publica a Acta da Reunióm Plenaria celebrada os pasados 1 e 2 de Decembro de 2009 [En inglés], onde na súa páxina sete, no último parágrafo di textualmente:

  •  [Peticións 0669/06, 0878/2007, 1322/2007, 1831/2008, 0192/2009, 0302/2009 e 0439/2009 será discutido nunha próxima reunión.]

E na súa páxina oito, no primeiro parágrafo di textualmente:

  •  [92. Data e lugar da seguinte reunión
    Mércores 27 de Xaneiro 27 de 2010, De 15:00 a18:30 horas
    Xoves 28 xaneiro de 2010, De 09:00 a 12.30 horas]

Esta é a seguinte reunión plenaria onde se vai tratar o asunto.

É dicer a nosa Petición 1322/2007 vai-se tratar na Reunión Plenaria da Comisión de Peticións dos vindeiros 27 e 28 de Xaneiro de 2010.

Documentos referenciados:

Como funciona a Comisión de Peticións [Moi interesante Video explicativo de pouco máis de tres minutos]. Documento da Reunión:
http://www.europarl.europa.eu/meetdocs/2009_2014/organes/peti/peti_20091201_1500.htm

Enlace onde se pode abrir e baixar a citada Acta
Regulamento do Parlamento Europeo, apartado 6 do Artigo 202
Video que amosa como funciona a Comisión de Peticións
 Acta da Reunión – MINUTES Meeting of 1 December 2009, from 15.00 to 18.30, and 2 December 2009, from 09.00 to 12.30 BRUSSELS
Documento que conten a orde do día previsto da reunión plenaria da Comisión de Peticións celebrada os días 1 e 2 de Decembro de 2009
Documento da Reunión da Comisión de Peticións -01.12.2009-

Documento: “Comunicación aos Membros” -25.09.2009

Algunhas mostras da noticia nos medios :

Conclusión:

Os medios de comunicacións, mentiron á hora de dar a noticia, intencionadamente ou non, o caso é que mentiron, nuns casos daban a fonte da información en noticias de axencia [EFE], noutros falaban de “fontes parlamentarias” e noutros como correspondentes ou mesmo redactores sen mencionar fontes.
Manipulación, falta de rigor ou erro … nalgúns casos que coñecemos a súa traxectoria “desinformativa” e manipuladora en todo o referente a Reganosa, non temos a menor dúbida. Mais noutros casos pode que sexa un erro ao non investigar as fontes.
Mais en todos os casos, estes medios deberían dar unha explicación formal do seu “erro“, e retificar publicamente.
E as organizacións e persoas que aproveitaron esta manipulación para minar a credibilidade do Comité, na súa “cruzada” para o seu derrocamento, deberían retificar publicamente.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

One Comment o “Desmentido do publicado en diversos medios de comunicación”

  1. EUMES Says:

    Dende S.O.S. Pontedeume denuncia! non quero deixar pasar a oportunidade que me
    brinda poñer este comentario para desexarvos ao administrador ou
    administradores desta bitácora e a todos os seus seguidores, BO NADAL E UN
    FELIZ ANO NOVO.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: