Denuncia do CEE ante o Xulgado de Garda

Hoxe sábado 16 de xaneiro, o noso Coordinador, Manuel Rodríguez Carballeira, en representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentou unha denuncia no Xulgado de Garda, polo incumplimento da normativa vixente, na entrada do gaseiro GNL “Ibérica Knutsen” na Ría de Ferrol, ocorrido o día de onte.

Dito gaseiroten unha capacidade de 173.000 m3, sendo o máximo permitido 140.000 m3, segundo establece a cláusula 2ª da Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, de 13 de febreiro de 2004, pola que se aprobou o proxecto de execución das instalaciones da Planta de Recepción, Almacenamento e Regasificación de GNL, presentada por Reganosa..

O CCE considera que a entrada deste buque supuxo un grave risco para a cidadanía do entorno da Ría, e un incumplimiento flagrante e doloso da autorización de construcción e a tolerancia delo pode acarrear responsabilidades personais para os organismos de control.

Preveendo estas circunstancias, o CCE, como xa fixemos público, cursou escrito ao Ministerio de Industria, o pasado día 14, solicitando a adopción das medidas oportunas para impedir a entrada na ría de Dito buque.

A denuncia foi presentada contra as seguintes persoas e entidades:

– Capitán do buque “Ibérica Knutsen”.

– Dirección General de Política Energética y Minas.

– Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao.

– Promotores de la Planta de Gas de Reganosa.

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

One Comment o “Denuncia do CEE ante o Xulgado de Garda”

  1. Nemigo Says:

    Preveendo -> prevendo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: