Nota de Prensa do CCE sobre o Xacemento Romano de Caldoval

Diante as novas recollidas nos medios, sobre o Convenio asinado entre Reganosa, o Sr.Alcalde de Mugardos e o Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia que pretende “poñer en valor” o xacemento romano de Caldoval  trasladandoo a un museo na vila, queremos manifestar:

1º.- E sabido a pretensión dos promotores da planta de gas de Reganosa de desmantelar os xacementos arqueolóxicos da zona,  cualificada no PXOM de Mugardos como solo rústico de protección de patrimonio (SRPP) que inclúe o  Castro de Mehá, o xacemento romano de Caldoval e o de Sta. Lucia, como paso previo, para poder recalificar o solo e permitir a ampliación de Reganosa .

2º.- A recalificación do solo onde se atopa o xacemento, proposta por Reganosa e tramitada polo entón Alcalde Sr. Toimil, foi rexeitada no seu día pola Xunta de Galicia, ainda así os promotores de Reganosa, a sabiendas de que nese espazo non poderian instalar 2 tanques máis, acadaron o seu obxectivo de desmantelamento do xacemento do seu lugar orixinal, un xacemento por outra banda non “descoberto” por Reganosa , xa que estaba perfectamente catalogado desde hai tempo.

3º.-  O TSXG, ditou unha 3ª sentenza en contra de Reganosa (Sentenza  nº 00311/2008 de 22 de abril de 2008 ), anulando a modificación puntual do Plan de Ordenación de Mugardos que servíu ao Concello para otorgar a licencia de obras e de actividade a Planta de Gas de Reganosa.

4º.- Estamos diante dunha nova patraña por parte dos promotores de Reganosa, como as que propalaron ao longo destes anos ¿Onde van as moreas de postos de traballo que ian crear?. Unha planta de gas que  so funciona ao 30 % da sua capacidade – pechan o gasoducto de Tui para colocar o pouco gas que produce -,que ameaza a vida de miles de cidadáns, unha planta deficitaria, cuxo  custo pagamos todos, e innecesaria pois os gasoductos teñen a capacidade para subministrar aos ciclos combinados e ao consumo domestico de Galicia.  A pesares de todo isto, da Sentencia do TSXG, este Convenio so obedece ao interés de Reganosa para recalificar a zona.

5º.- A musealización in situ constitúe o mellor modo de poñer en valor o citado  xacemento e o conxunto da  zona en particular, e de respeto que merece a historia do noso pobo, a  súa cultura, a legalidade e o interese xeral.

Esto e o que debería facer o Sr. Alcalde de Mugardos, e un Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, non debería seguir os imperativos dos que promoven a barbarie contra o patrimonio, a nosa Ría e a seguridade das persoas ,con tal de obter beneficios..

,                                                                          Ferrol a 13 de Febreiro de 2010

Ver Álbum fotográfico

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: