As denuncias contra Reganosa no Parlamento europeo seguen vixentes
Hoxe, 23 de febreiro de 2010, a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aceptou a ampliación das denuncias que contra a Planta Regasificadora de Reganosa en Mugardos foron presentadas por Esquerda Unida e polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
De tal xeito, saíndo ao paso das informacións de arquivo da mesma, difundidas por algún medio de comunicación, queda claro que a denuncia segue vixente, incrementada agora con novos datos que demostran o perigo desas instalacións no interior da Ría e as falsidades cometidas polos seus promotores en aras a xustificar a súa instalación e a súa solicitude de ampliación.
Datos concernentes ao perigoso tránsito dos gaseiros, dos cales un 20% teñen que pospor a súa entrada pola meteoroloxía e as peculiares condicións naturais da nosa Ría.
Datos sobre o innecesario desta instalación que por falta de demanda está funcionando a un terzo da súa capacidade a pesar de deixar fóra de servizo o gaseoducto de Tui.
Carencia dun plan real de emerxencia, tanto para as instalacións como para os buques ante unha situación constante de intranquilidade e de perigo para a poboación, pola súa localización, pola súa situación frecuente de baixas existencias (sinalado varias veces polo Sistema Gasístico) e pola imposibilidade a que os gaseros pódense enfrontar para entrar na ría ou saír dela en caso de urxencia.
A todo isto engádese o dano ecolóxico producido á ría cos sistemas empregados para a regasificación e a perda de postos de traballo que iso a medio prazo leva.
Este CCE demanda – unha vez máis – a paralización da Planta, a máis deficitaria de todo o Estado, polo seu perigo evidente e polo custo económico innecesario para toda a cidadanía que se está mantendo, exclusivamente para beneficio dos seus promotores, coa complicidade das autoridades estatais, autonómicas e locais.
Ferrol, 23 de febreiro de 2010
Comité Cidadán de Emerxencia
Para a Ría de Ferrol
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité CidadánEtiquetas: Ateneo Ferrolán, Comité de Emerxencia, Esquerda Unida, mehá, ría de ferrol, Reganosa, Roi xordo
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Deixar unha resposta