Xa son 13 os gaseiros con problemas na entrada.

O LNG “Hispania Spírit” tiña programada e autorizada a súa entrada para o pasado sábado 27 de febreiro. Debido ás condicións do vento e estando próximo á Ría de Ferrol tivo que desviarse e continuar navegando ata a tarde do domingo día 28.
Dous 61 gaseiros arribados a Reganosa, 13, ou sexa o 21,3 %, ou máis claro: 1 de cada 4,6,  non pode efectuar a súa entrada o día previsto, por mor das condicións meteorolóxicas na angosta bocana da Ría.
Isto supón que o buque ha de esperar, 24 ou 48 horas, á próxima marea diúrna en que se dean as condicións de seguridade establecidas.
A unha planta perigosa, innecesaria e deficitaria, súmase un importante incremento no custo do transporte, que indubidablemente repercute nos petos dos cidadáns.
Apelamos unha vez máis á responsabilidade das autoridades estatais, autonómicas e locais, para que cesen no seu temerario consentimento e poñan punto final a esta situación de risco permanente e a este malgasto dos caudais públicos.

Ver álbum fotográfico

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: