Compostela, domingo 21 marzo: GALIZA NON SE VENDE

GALIZA NON SE VENDE

Compostela, 21 de marzo de 2010, ás 12 na Alameda.

Manifestación contra a destrución do territorio

 PLANTA DE GAS FORA DA RÍA

Convocatoria:

A un ano da chegada do PP ao goberno da Xunta, comprobamos que, como se esperaba, vamos a peor. Este goberno, como os anteriores, segue o imposibel camiño do crecemento indefinido: producir máis para consumir máis, quimera inviábel nun planeta con recursos limitados.

Os recursos naturais son postos ao servizo dos intereses económicos e das grandes empresas, subvencionadas con cartos públicos, mentres que aumenta o desemprego e pechan os pequenos negocios.

Intentan manter un modelo que non serve, que nos espreme como persoas, destroza o medio ambiente e agranda as diferencias económicas entre os pobos e entre as persoas.

A nosa lingua e a nosa cultura son menosprezadas e atacadas por un goberno que se avergoña e renega delas. A Sanidade vai camiño da privatización total. O transporte público é escaso, caro, ineficaz e está en mans privadas. As infraestruturas viarias baséanse no transporte privado contaminante e insustentábel. O noso litoral entrégase ás construtoras para o seu grande negocio especulativo. As nosas rías seguen acumulando recheos e naves industriais en primeira liña de costa e uns alarmantes niveis de contaminación. Grandes zonas costeiras son cedidas ás multinacionais piscícolas, ao mesmo tempo que a pesca industrial arrasa os océanos e o marisqueo e a pesca de baixura tradicionais van sendo desmantelados. Cultívanse transxénicos nas nosas leiras, mentres se fomenta a desaparición do noso agro. A ordenación do territorio é inexistente, o que provoca graves difrerencias entre o interior e a costa. Louseiras e mineiras estragan as zonas mellor conservadas. A política forestal promove os cultivos de especies alóctonas e invasoras que sementan o país de incendios. O urbanismo caótico proxectase en función dos intereses económicos. A xestión de residuos basease na contaminante incineración.

Industrias perigosas e contaminantes seguen funcionando irresponsabelmente…

 É o tempo de unirnos todos e todas e paralizar as agresións á vida e á Terra!

É o tempo de esixir a participación da sociedade nos procesos de decisión.

É hora de saír á rúa e reclamar outro modelo económico e social.

Tod@s a Compostela o domingo 21!!!

 POLA PLANTA DE GAS FORA DA RÍA

Pola defensa do litoral.

Por unha ordenación racional do territorio

Pola soberanía alimentaria e enerxética

Por outro modelo de transporte

GALIZA NON SE VENDE!!!

Terra viva e vida digna para tod@s

 

http://galizanonsevende.org/?p=940#more-940

Advertisements
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán

Etiquetas: , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: