Escrito e solicitude de entrevista coa Xunta de Galicia

A Asociación Veciñal “O Cruceiro” de Mehá – Mugardos, dirixiu un escrito ao Director Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia demandando información sobre o incendio ocorrido en Forestal do Atlántico, empresa contigua á Planta de Gas de Reganosa e amosando o grave risco a que estivo sometida a población da comarca.

Solicitaron, asemade, manter unha entrevista en representación do Comité Cidadán de Emerxencia co este alto cargo da Xunta para que explique as medidas de seguridade adoptadas durante o suceso.

Transcribimos a continuación o citado escrito:

Sr. Director Xeral de Emerxencias e Interior:

Como Presidenta da Asociación de veciños O Cruceiro de Mehá diríxome a vostede para expresarlle o malestar da veciñanza ante os feitos acaecidos na noite do día 20 de abril na empresa Forestal del Atlántico, situada no Concello de Mugardos e anexa á empresa Imegasa e á Planta de Gas de Reganosa.

Esa noite produciuse na mencionada empresa un incendio do que, polo de agora, non recibimos ningunha información. Ninguén se molestou en dirixirse aos veciños explicando as causas do accidente nin os riscos que correu a poboación.

É comprensible a preocupación que suscitou o tema, dada a proximidade desta empresa ás vivendas, máis aínda cando neses momentos atopábase na planta de gas de Reganosa un gaseiro que descargaba máis de 50.000 toneladas  de GNL. Cales serían as consecuencias se durante a descarga  se producira unha fuga de gas?

En primeiro lugar entendemos que non funcionou o Plan de Emerxencia Exterior. Ao día de hoxe non sabemos si soou a alarma ou non: hai veciños que oíron, sobre as sete da mañá,  unha sirea que os alarmou, pensando que viña dunha das empresas instaladas na parroquia, outros, ante o mesmo son, creron que se trataba dun barco.

Se a sirea soou, cremos que o fixo moi tarde, varias  horas despois de  que se iniciara o incendio, e ademáis foi confusa, de que vale unha alarma de emerxencia se a poboación non a pode identificar con claridade?

Se non soou, moito peor. Qué clase de Plan de Emerxencia Exterior ten a empresa se un incendio de tal envergadura non fixo saltar as alarmas?

Gustaríamos saber cal foi a actuación de Protección Civil ante estes graves fallos.

En 2º lugar lembrar que, como organismo que ten como misión a protección física das persoas e dos bens en situación de graves riscos colectivos, como foi o caso, lle corresponde a  difusión de alertas ante accidentes deste tipo. Pero non  só lles compete alertar, senón tamén informar e tranquilizar á poboación. Ningunha destas funcións se levaron a cabo nesta situación.

Por último dicirlle que ata hoxe esta asociación estivo esperando algunha chamada dos responsables do Plan de Emerxencia Exterior que lle dira algunha explicación sobre o sucedido. Como isto non ocurriu, somos nós os que nos poñemos en contacto con vostede coa esperanza de  que  nos consteste o máis axiña posible  aportando algunha información que poidamos transmitirlles aos veciños.

Atentamente.  Luz Marina Torrente López

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: