Escrito do CCE ao Presidente do Goberno e outras autoridades solicitando revogue a autorización de funcionamento de Reganosa

                                            DERROCHE EN REGANOSA

 Na actual situación de crisis económica  o sistema gasista retribuie en este ano 2010 a planta de regasificación de REGANOSA  con 60 millones de euros a pesar da súa baixa eficiencia.

 Por este motivo o Comité Cidadán de Emerxencia  dirixiuse a Presidencia do Goberno e o Ministerio de Industria para que revoque a autorización a unha planta que é ilegal  inútil e perigosa e supón un derroche que debe ser pagado por todos os contribuintes. O sistema gasista dispón na actualidade de outras alternativas que garantizan o abastecemento sin producir sobre costes.

Adxuntamos a carta enviada

 Sres. Presidente del Gobierno de España,  D. Miguel Sebastian Gascon  (Ministro de Industria, Turismo y Comercio),  D. Antonio Hernandez Garcia (Director General de Política Energética y Minas), Sra. Dª. Maria Teresa Costa Campi (Presidenta del Consejo de Administración de la Comisión Nacional de la Energía)

Madrid

          Luz Marina Torrente Lopez, Manuel Angel Rodriguez Carballeira e Jesús Ignacio Caselas Perez en nome e representación – respectivamente – da “PLATAFORMA DE VECIÑOS CRUCEIRO DE MEHA (MUGARDOS)” , “ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN”  e FEDERACIÓN ROI XORDO DE AA.VV. DE LA ZONA URBANA DE FERROL,

Estas Asociacións son entidades sen animo de lucro cuxo obxectivo principal é a defensa dos dereitos cidadáns, así como a defensa e protección do medio ambiente, integradas á súa vez no COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, diríxense a Vd. e manifestan:

A actual situación de crise económica e as variacións xurdidas no consumo e xeración eléctrica deron lugar a que o Goberno elabore unha nova planificación enerxética. Consideramos que este é o momento oportuno para revogar a autorización de REGANOSA polas seguintes razóns:

1. FALSIDADE DOCUMENTAL

REGANOSA falsificou a xustificación técnica presentada no ano 1999 para que lle fose outorgada a autorización administrativa previa. O promotor “grupo empresarial Tojeiro“ xustificou a necesidade dunha planta de regasificación alegando que o seu grupo realizaría uns consumos anuais de 500 millóns de metros cúbicos de gas natural.

A pesar de que Reganosa leva dous anos en funcionamento, este grupo empresarial non realizou ningún consumo significativo.

 2. PERIGO

 REGANOSA incumpre a Normativa SEVESSO por instalarse nun área densamente poblada, a menos de 200 metros das vivendas máis próximas e a 1000 metros do Arsenal Militar de Ferrol.

A Ría de Ferrol, ten un longo e estreita canle, que limita a entrada de buques gaseiros nos 45 minutos de pleamar diurna e que simultáneamente se produzan certas condicións de vento e visibilidade. Unha vez no interior da Ría, en caso de producirse un sinistro na planta ou no barco gaseiro, este non podería abandonar a ensenada debendo permanecer nas proximidades das poboacións en contra do que sinalan as normas de seguridade, as cales obrigan a “abandonar o porto polos seus propios medios e afastarse a mar aberto”
O pasado día 19 de abril durante a descarga do buque gaseiro “LNG Madrid Spirit” na planta de REGANOSA producíuse un incendio na empresa anexa “Forestal do Atlántico”. Esta empresa, situada a 100 metros da planta, almacena combustibles, formaldehido e outros produtos tóxicos. Os bombeiros de Ferrol controlaron o lume logo de horas de traballo. A traxedia estivo moi preto.

3. ILEGALIDADE

REGANOSA incumpre o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Mugardos. Como así o confirma a sentenza do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia (Sentencia TSXG311/2008 do 22 de Abril)

REGANOSA non dispón do procedente Estudo de Impacto Ambiental confirmado polas sentenzas do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia (Sentencias TSXG 536/200 do 23 de Xuño e TSXG606/2006 do 27 de Xullo)

4. DANOS MEDIO AMBIENTAIS

REGANOSA incumpre a autorización de verteduras. Por este motivo Augas de Galicia, organismo encargado do control das verteduras, expedientó e sancionou á empresa no ano 2009.

Desde a súa posta en marcha a planta de regasificación verteu máis de 133 millóns de metros cúbicos – de auga da Ría de Ferro l- tratados con hipoclorito sódico e á baixa temperatura no interior da mesma, o cal supón un importante dano ambiental e produtivo para o sector marisqueiro.

5. CORRUPCIÓN

REGANOSA asinou no ano 2000 un convenio confidencial coa Xunta de Galicia, presidida por Manuel Fraga, onde se fixaba a localización da planta de regasificación previamente a calquera estudo de riscos e de impacto ambiental.
REGANOSA comprou os terreos para a súa instalación ao grupo Tojeiro por un valor moi superior ao do mercado. Estas actividades especulativas supuxéronlle unhas plusvalías ao grupo Tojeiro de 23 millóns de euros.
A operación non supuxo gran dificultade posto que o grupo empresarial Tojeiro actuaba simultaneamente como vendedor e como comprador. Roberto Tojeiro presidía o seu grupo empresarial e tamén REGANOSA, contando co amparo do Conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, José Antonio Orza socio accionista á súa vez do mesmo grupo Tojeiro.

 Polo cal REGANOSA falsifica anualmente os seus activos e as cantidades declaradas como investimento. O valor neto contable dos terreos é de tan só 4.442.281,65 euros segundo auditoria de Ernest and Young.

Será o sistema gasista quen finalmente pague este sobrecusto a través das retribucións financeiras a REGANOSA .

6. ALTO CUSTO

REGANOSA solicita retribucións ao sistema gasista de máis de 170 millóns de euros sobre os orzamentos autorizados pola administración.

O incremento NON obedece a gastos derivados da execución do proxecto posto que na contabilidade da empresa do ano 2004 , previamente ao comezo das obras, xa manexan as seguintes cantidades: 214.684.866 de euros é a cantidade autorizada polas administracións e sobre a cal REGANOSA depositara fianzas, avais e pagara os impostos correspondentes e 395.375.000 de euros é a cantidade que utiliza REGANOSA para recibir retribucións.

Neste ano 2010 REGANOSA é retribuida con 60 millóns de euros que equivalen ao déficit do sistema gasista español para este ano.

REGANOSA espera ser retribuida con máis de 1.500 millóns de euros en 25 anos.

7. INNECESARIA

REGANOSA achega tan só o 2,5 % de todo o gas que entra no sistema gasista, con todo en dous anos de funcionamento as retribucións percibidas alcanzaron máis de 120 millóns de euros.

REGANOSA mantén unha actividade por baixo do 30% da súa capacidade e solicita duplicar esta capacidade de regasificación co único obxectivo de acceder a maiores retribucións do sistema gasista.

REGANOSA é unha instalación totalmente prescindible debido á súa baixa eficiencia.

8. EXISTEN ALTERNATIVAS

A revogación da autorización non xeraría problemas operativos ao sistema gasista.
O gaseoducto Tuy-Llanera, sen actividade desde a posta en servizo de Reganosa, pode suplir a achega desta planta de gas; tanto para o abastecemento do consumo convencional como ás Centrais de Ciclo Combinado.
Non existe ningún motivo que poida xustificar manter operativa unha perigosa planta de gas coa inseguridade xurídica que traballa REGANOSA e que supón un alto custo ambiental, económico e social.

REGANOSA é unha instalación ILEGAL, PERIGOSA E INUTIL que obedece a un proceso continuado de corrupción política e económica.

Tendo en conta todas as irregularidades expostas e a existencia doutras alternativas SOLICITAMOS:

Revóguese a autorización de funcionamento á planta de gas de REGANOSA e así sexa considerada na nova planificación enerxética.

Ferrol a 06 de Maio de 2010

Fdo. Luz Mariña Torrente Lopez , Jesús Ignacio Caselas Perez , Manuel Angel Rodríguez Carballeira.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: