O CCE inculpase no proceso aos 60 Mariscadores

Nota de Prensa do Comite Cidadán de Emerxencia

 O vindeiro martes dia 1 de Xuño as 11.30h os membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acudirán aos xulgados de Ferrol para presentar un escrito de inculpación dirixido á Fiscalia, diante do proceso aberto contra 60 mariscadores da Confraria de Ferrol polo feitos acaecidos en Maio de 2007, cando foi impedida a entrada na nosa Ría do buque gaseiro Galicia Spirit cargado con GNL para subministro da planta de Reganosa. Unha acción decidida polo CCE e na que participaron representantes dos diferentes colectivos que forman parte do CCE e da Asemblea Cidadá .

 ESCRITO DIRIXIDO Á FISCALIA DE FERROL

 ……………………………………………………………………….con DNI nº………………….. domiciliado en ……………………………………………………………………….

 Expón que tivo coñecemento de que polo antigo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 3 de Ferrol e nas dilixencias previas 443/2007, ditouse auto polo cal se dispón que, os feitos denunciados pola Guarda Civil con data 7 de maio, puideran ser constitutivos dun presunto delito de DESOBEDIENCIA GRAVE Á AUTORIDADE, DESÓRDES PÚBLICOS E COACCIÓNS GRAVES, imputándose  a súa comisión a un colectivo de mariscadores e pescadores de Ferrol.

 Quen expón, quere poñer en coñecemento desa Fiscalía, que tamén participou nos feitos polo que foron abertas dilixencias, sen alcanzar a comprender por qué só se dirixiu a investigación ao colectivo de mariscadores cando moitos deles non participaron nos feitos, aínda que de  ter intervido, estaría plenamente xustificado dado os graves danos que coa súa acción trataban de evitar.

 Non parece axustado a Dereito que se procese a estas persoas polo só feito de ter identificado o seu barco, sen comprobar a súa participación e non chamar a declarar a outras moitas persoas que si participaron, entre as que se encontra a persoa que asina esta denuncia.

 Polo exposto, 

SOLICITA DA FISCALIA, proceda a pedir ao Xulgado Instrutor  que tome declaración á persoa asinante para unha maior comprensión e comprobación dos feitos e sobre a súa participación nos mesmos, co obxecto de proceder á constitución plena das responsabilidades, se existisen.

 Ferrol, 27 de maio de 2010

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: