Xuño 4: GRAN FESTIVAL MUSICAL “Tod@s paramos o Galicia Spirit”

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

para celebrar o Día Mundial do Medioambiente e

en solidaridade cos 60 Mariscadores procesados

por deter no 2007, en defensa das nosas vidas e da nosa Ría,

o “Galicia Spirit”, buque gaseiro cargado de GNL para Reganosa

organiza

 GRAN FESTIVAL MUSICAL

“Tod@s paramos o Galicia Spirit”

 Venres, 4 de xuño 2010,

A partir das 18,00 horas, no Porto de Ferrol (Praza Vella)

 Actuarán:

ZËNZAR (Rock Cerceda), A CUADRILHA DO CAMPO DE CHAO (Folc Ferrol), CANTAREIRAS DE TRASANCOS (Folc Ferrol), PULPIÑO VIASCÓN + TURU (Fusión), OS TRES TREBÓNS (Fusión Coruña), O SONORO MAXÍN (Fusión Ourense), LA SENTINA (Rock Ferrol), KASTOMÄ (Rock Ordes).

 Haberá bebidas e viandas.

 Colaboran dun xeito especial: “QUANT”, “A REVOLTA DE TRASANCOS” e o Mesón “O Cabazo”.

Queremos agradecer desde o Comité Cidadá de Emerxencia, o apoio de todos os grupos que se volcaron nesta ocasión no acto de solidariedade cos 60 mariscadores procesados, e en xeral coa nosa loita contra a planta regasificadora de Reganosa, que ameaza a nosa vida, a vida da Ría e vulnera a legalidade.
O agradecemento non é só para os grupos que van participar no festival a realizar o próximo 4 de xuño na Praza Vella do Porto de Ferrol, senón que se fai extensivo a todos os grupos que contestaron á nosa chamada de solidariedade e que nesta ocasión non nos poden acompañar.

Estes grupos son:

A tod@s grazas!!!
http://todosparamosogaliciaspirit.blogspot.com/

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: