SUSTENTABILIDAD. Yolanda Díaz
Diante do día do medio ambiente non me resisto a afirmar o antagonismo entre as formacións económicas e sociais capitalistas e a preservación do medio físico que alberga a vida. En Galicia e no planeta a realidade de depredación e cobiza capitalistas produce a perda dos hábitats naturais, a diminución da biodiversidade, as diversas contaminacións que firen a saúde pública, o desartellamento territorial que supón inzar de urbanizacións ou negocios o que teñen que ser espazos para o lecer e a vida sustentable. O PP agora con toda a determinación e o bipartito antes, coa súa aceptación da lóxica produtivista do capital, mancan a riqueza e fermosura da nosa terra. Entón como agora seguimos a padecer os riscos da planta de gas de Reganosa, a falla de depuración das nosas rías, as operacións especulativas como a do Salgueirón no Morrazo, o incumprimento de sentenzas xudiciais firmes co ferrazo en Vilagarcía ou os recheos en Marín, ou as agresións que do Caurel a Touriñán priorizan facer cartos para uns poucos depredando e desprezando os intereses xerais da cidadanía. Sen directrices de ordenación territorial se aproban plans parciais na acuicultura e no litoral, ou se modifica pro domo sua a legalidade urbanística para sancionar unha praxe de feitos consumados ao servizo dos intereses capitalistas, sen que as forzas políticas do Hórreo fagan outra cousa que turnarse nese desgoberno da cousa pública. Cómpre erguer unha alternativa política e social quen de producir unha política distinta, outra, sustentable, de esquerdas.
(*) Yolanda Díaz é portavoz de EU
Artigo publicado no “Diario de Ferrol”. O suliñado é noso,
Explore posts in the same categories: Asociación do ComitéEtiquetas: Esquerda Unida, ferrol, Reganosa, yolanda Díaz
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Deixar unha resposta