NOTA DE PRENSA DO CCE ARQUIVO DE INCULPACIONS

NOTA DE PRENSA DO CCE ARQUIVO DE INCULPACIONS

Ante a nova aparecida onte nos medios de comunicación segundo o cal, o fiscal xefe da Área, Román Ruíz Alarcón, decidiu o arquivo das autoinculpacións presentadas polas membras e membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, no procedemento que se segue contra os mariscadores aos que se lles imputa un delito grave nos sucesos de Maio de 2007, cando se lle impediu a entrada na Ría ao buque gaseiro Galicia Spirit, o CCE manifesta:

 Todo o mundo sabe que  o CCE promoveu a acción que o 7 de Maio de 2007 impediu a entrada na Ria de Ferrol do primeiro gaseiro cargado con GNL”Galicia Spìrit”. Nesta acción  participaron centos de persoas, entre elas as 31 que o pasado dia 1 presentaron un escrito de inculpación dirixido á Fiscalía.

 A actuación desta Fiscalía, apartando ao CCE e reducindo agora a 9 mariscadores  a imputación dos feitos, parece máis dirixida a castigar de xeito exemplar a un pequeno grupo de traballadores do mar, “asumible pola sociedade”,  que a facer xustiza.

  ¿Quererá o Sr. Fiscal que pase desapercibida a raíz do problema, que non é outro que a ameaza á vida de miles de persoas que supón a planta de gas de Reganosa no corazón da Ría de Ferrol?

 ¿Quererá o Sr. Fiscal que non se saiba que esta instalación esta acelerando a destrución do ecosistema da Ria, o medio de vida dos mariscadores?

 ¿Quererá o Sr . Fiscal que non se saiba que esta instalación é  produto dun acto continuado de corrupción do que se beneficia unha ínfima minoría?

 Lamentamos que as actuacións do Sr. Fiscal, sexan publicitadas nos medios de comunicación antes que se notifiquen aos afectados. Contrasta esa dilixencia, con outras actuacións de quen parecen cegos diante da  ameaza de Reganosa, que representa un perigo para a vida, profundiza na destrución da nosa Ría, está mergullada desde o seu nacemento na corrupción, e pola contra, tentan atemorizar precisamente a aqueles que, como neste caso,  defenden a vida, a legalidade e a Ría.

Ferrol a 11 de Xuño de 2010

Comité Cidadán de Emerxencia

para a Ría de Ferrol

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: