A 4ª Marcha a pé a Mugardos
Coincidindo co 3º aniversario do peche da veciñanza de Mehá no concello de Mugardos, este venres 23 de xullo, como xa vén sendo habitual cada verán, celebrouse a 4ª Marcha a pé Ferrol – Mugardos, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e que partiu ás 5 da tarde de Caranza, precisamente do Parque Carmelo Teixeiro – que leva o nome do primeiro Coordinador deste Comité – e na que participaron máis dun centenar de persoas, que ao seu paso polos concellos de Ferrol, Fene e Mugardos fixeron presente, unha vez máis, o rexeitamento á localización dunha Planta de Gas no interior da nosa Ría, que ademais de innecesaria é un grave perigo para a vida de cantos poboamos esta comarca.
A marcha foi recibida tres horas máis tarde na Praza do Mercado de Mugardos, polos veciños daquel concello, onde tras as intervencións de Luz Marina Torrente, Presidenta dá A. VV.”O Cruceiro” de Mehá e de Manuel Rdgz. Carballeira, Coordinador do Comité, a música e a merenda animaron aos participantes nun espazo de grata convivencia.
Reseña da marcha na prensa local: Diario de Ferrol La Voz de Galicia
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité CidadánEtiquetas: Marcha a Mugardos, Planta de Gas, Reganosa
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Xullo 24, 2010 ás 6:56 am
algún día tendrá q ser cuando la ciudadanía se vea libre de esta tragedia llamada
REGANOSA Ilegal y Peligrosa. Unha aperta dende Palma
!! PLANTA DE GAS FORA DA RIA !!