A Planta de Gas de Reganosa no informe de Greenpeace
Informe de Greenpeace “Destrución a toda costa” de Galicia 2010, onde en varios sitios, e en especial na súa páxina 125, fai referencia ao asunto de Reganosa e a planta de Mugardos:
“Outra agresión ambiental con respaldo da Xunta é a planta regasificadora de Reganosa en Mugardos, situada a dous quilómetros do espazo protexido Costa Ártabra, a través do cal navegan anualmente decenas de buques gaseiros que teñen como destino esta planta.
Esta empresa (da que a Xunta posúe o 10% das accións) empezou a operar en maio de 2007, a pesar de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fallou en tres ocasións en contra deste proxecto, da gran oposición social existente e de que en 2008 a UE admitiu a trámite unha denuncia contra Reganosa. Este ano unha nota emitida pola mesma empresa indicaba que foi necesario desviar un buque a Mugardos para realizar a descarga de Gas Natural Licuado (GNL) posto que había que manter os niveis mínimos por baixo dos cales derívanse perigos inadmisibles”.
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité CidadánEtiquetas: Galicia, greenpeace, Planta Muggardos, Reganosa, rias galegas
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Deixar unha resposta