UNHA BOMBA NA NÉBOA

 

Onte 23 de agosto, convocados polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, – como sempre que un gaseiro cargado con LNG chega a nosa Ría – celebrouse unha concentración diante do Edificio da Xunta de Galicia, para demandar a paralización dunha Planta de Gas deficitaria , perigosa e innecesaria, que se sostén cos caudales públicos para exclusivo beneficio dos seus promotores.

Unha Planta que traballa ao 30 % da súa capacidade – co gaseoducto pechado – e para a que teñen solicitado duplicar a súa capacidade, tentando un novo “pelotazo” especulativo.

Unha Planta da que afirmaban os seus socios que era extratéxica para Galicia e que agora non teñen reparo en vender ao capital extranxeiro.

Na concentración, o coordinador do Comité, amáis de lembrar os perigos da ubicación de Reganosa e do percorrido dos gaseiros, suliñou a temeraria arribada do “LNG SOKOTO” incumplindo a normativa de visibilidade e atravesando a canle de entrada no medio dunha espesa néboa.

O CCE denuncia unha vez máis a tolerancia das autoridades competentes nestas situación reiteradas e permanentes que poñen en alto riesgo a toda a cidadanía e das que son responsables tanto os promotores da Planta como aqueles que teñen que velar polo cumplimento da legalidade e da seguridade de toda a veciñanza.

 ¡PLANTA DE GAS FORA DA RIA!

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: