CARTOS PÚBLICOS EN REGANOSA

 

Por Yolanda Díaz, portavoz de Esquerda Unida no Concello de Ferrol

Cartos públicos para sufragar unha instalación excepcionalmente perigosa: a planta de gas de Reganosa. Os bailes accionariais dunha planta superflua, que actúa ao 30% da súa capacidade, que a penas creou emprego e que ameaza a vida da nosa veciñanza e maila riqueza da nosa ría; dicía que os bailes no accionariado rematan por producir na Xunta a decisión de pór máis cartos públicos para atendela. Cartos públicos que se restarán dun cativo orzamento xeral e nun intre onde non hai un peso para case nada, segundo chora Núñez Feijóo e os seus concelleiros.
Se a Xunta de Galicia, gobernada pola dereita política que expresa o PP, non deixa de exercer con certa coherencia a defensa de intereses económicos privados, seguindo a ronsel maldito da herdanza Fraga, semella unha mágoa  que un partido dos da oposición –haberá que concluír que de papel– do Hórreo, o PSOE, reclamase da Xunta que puxera cartos públicos para alimentar o negocio de Reganosa, asemade de cartearse coas caixas para chamalas a manter o investimento na planta. Estou certa que máis cedo que tarde esa colusión inmoral de política e negocios que asoma tralas torres de Reganosa terá unha sanción final sen recurso nos tribunais de xustiza. Mágoa que até entón os responsables políticos dos partidos que gobernan en Compostela e en Madrid se comporten de xeito irresponsable para o que tería que ser o seu norte: os intereses xerais da nosa veciñanza.

Artigo completo en DIARIO DE FERROL

.

Explore posts in the same categories: De amigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: