Xa temos recollido o galardón de SOS-Monuments

O Pasado día 29, no decurso da asemblea anual celebrada pola asociación Sos-Monuments, en Barcelona, o Comité Cidadán de Emerxencia foi galardoado co premio “Admiracións Conservadas 2010”.

Esta asociación celebrou en Ferrol, no pasado outubro, a súa VII convención anual, reunindo especialistas en Patrimonio de todo o Estado, que poideron comprobar diretamente o disparate da ubicación da Planta de Gas, afectando ao Patrimonio, a seguridade e a riqueza ambiental, cultural e económica da nosa Ría.

O Diploma foi recollido naquel acto, pola Dra. Susana Narotzky, Catedrática de Antropoloxía Social da Universidade de Barcelona, amiga e colaboradora nosa, a quen o Comité agradece a sua valiosa colaboración de agora e de sempre.

Texto do Diploma:

Pola defensa da conservación do Patrimonio natural, cultural, etnolóxico e arqueolóxico do antigo paraiso da Ría de Ferrol. E, en concreto por promover a conservación dos xacementos de Caldoval e de Promontoiro

ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Barcelona, 29 de xaneiro 2011

SOS – Monuments, Asociación para a Defensa Cívica do Patrimonio Cultural.

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: