Nota de Prensa: Extrañas manobras en Reganosa

 

NOTA DE PRENSA DO CCE

Estrañas manobras co gas na planta de regasificación de Reganosa

REGANOSA exporta gas a Italia contradicindo o plan de aforro enerxético do goberno.

En plena crise do Magreb, cos prezos dos combustibles subindo ata as cotas máis altas dos últimos tempos; cun alto risco de desabastecemento que leva ao goberno a aprobar un plan de aforro enerxético , prodúcense na planta de Reganosa unhas sospeitosas manobras co gas natural. Reganosa baleira os seus tanques por baixo do mínimo técnico de seguridade, quedando con 38.000m3 cando o mínimo técnico son 50000m3.

O pasado día 14 de febreiro chega á planta de Reganosa o buque Cheikh el Mokrani procedente de Alxeria. Na planta de regasificación se procedeu a descarga do gas. O buque abandona a planta de Mugardos o día 18. Este día entra en REGANOSA o buque gaseiro SCF Polar, un barco con mais de 42 anos de antigüidade, que levaba 7 días merodeando as costas galegas esperando a poder cargar 68.000 m3 deste mesmo gas con destino a Xénova, cantidade que equivale a 2.720.000 bombonas de uso caseiro.

¿Por qué o gas alxerino fai a ruta Orán- Ferrol- Xénova que supón 4540 millas náuticas, cando a distancia de Oran a Xénova só é de 715 millas? Que escuros negocios se esconden detrás destas manobras?

Existen razóns para sospeitar. Lembramos que nas instalacións anexas de Forestal, propiedade exclusiva do grupo Tojeiro, xa a finais dos anos 90, descubriuse un xigantesco fraude co gasóleo, que por certo aínda debe estar sendo investigado polo xulgado.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol quere chamar a atención dos poderes públicos e da cidadanía, non só sobre os movementos económicos do grupo promotor de Reganosa, que como temos denunciado diante da Xustiza, ten unha longa historia de práctica empresarial corrupta, senón tamén afirmar unha vez máis, que cada unha destas manobras, está a pór en perigo a vida de máis de 100.000 persoas nesta comarca.

Ferrol a 23 de Febreiro de 2011

 Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: