BOLSA E VIDA

por Yolanda Díaz, voceira de EU no Concello de Ferrol

Dez razóns para explicar outra vez o rexeitamento a un negocio ilegal e perigoso, a planta de gas de Reganosa. Os promotores da planta non se conforman, son cobizosos: queren a bolsa e para iso non dubidan en xogar coas nosas vidas. Na síntese elaborada polo Comité Cidadán de Emerxencia resúmense as razóns que temos contra Reganosa:

porque almacena o equivalente a máis de 12 millóns de bombonas cando no accidente de Els Alfacs morreron 243 persoas cunha carga equivalente a 2.000 bombonas; porque os gaseiros só poden saír e entrar na ría en moi determinadas condicións, o que xera un risco xigante en caso de accidente; porque se verten a diario 300.000 tn. de auga estéril, clorada e a baixa temperatura; porque  os 40 empregos creados son só o 10% dos máis de 400 existentes no eido marisqueiro; porque encostada á instalación están Forestal e Imegasa, con 280.000 m3 de produtos tóxicos; porque Reganosa é o meirande escándalo de corrupción empresarial e política do país; porque se incumpren as normas europeas en materia de seguridade; porque existen tres sentenzas condenatorias e outras denuncias perante institucións; porque é unha instalación superflua e deficitaria, que funciona ao 40% da súa capcidade e nos encarece o recibo do gas; porque os accidentes suceden como vén de ocorrer en Xapón. Esas razóns explican a loita pola ría, pola seguridade e contra a corrupción que preside a vindeira 5ª Marcha a Pé a Mugardos. Planta de gas, fora da ría.

Advertisements
Explore posts in the same categories: De amigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: