O conflicto dos mariscadores

 

Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

 ESTA COMARCA DEBE TER CLARO QUE OS CONFLITOS RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARISQUEIRA E PESQUEIRA, NON VAN DESAPARECER ATA QUE SE REALICE UN SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA. O QUE INCLUE A PARALIZACIÓN DE REGANOSA.

 Estes días asistiamos a un conflito, con graves consecuencias, protagonizado polas Confrarías de Barallobre e Ferrol. Mais de 700 persoas que viven nesta comarca da actividade marisqueira e pesqueira, protagonizan a miúdo conflitos que teñen a súa raíz na imposibilidade de exercer a súa actividade extractiva. A que é a segunda empresa desta comarca en canto a emprego, ve como ano tras ano, as condicións da Ría entran nun deterioro que impide mesmo o consumo humano das extraccións realizadas, e ademais, esas extraccións fanse cada vez mais escasas e perden calidade.

 De toda esta realidade, non podemos esquecer que a Planta de Reganosa, utiliza a auga da Ría no seu proceso de regasificación, clorando e arrefriando miles de toneladas de auga, modificando as condicións polas que a nosa Ría era unha das primeiras produtoras de ameixa, e eliminando diariamente microorganismos, larvas e outras fontes de vida mariña desas augas.

 Así, mentres as administracións negan aos mariscadores e mariscadoras o poder exercer a súa actividade en condicións normalizadas, permiten o deterioro progresivo da nosa Ría. A Autoridade Portuaria intenta, cun dragado da Ría realizado contra as alegacións interpostas por un número importante de asociacións desta comarca, conseguir o imposible: que a canle de entrada da Ría se adecúe ás necesidades de navegación dos gaseiros que entran e saen cargados de miles de toneladas de Gas Natural Licuado (GNL). O Concello de Mugardos, aproba unha modificación do seu Plan Xeral de Ordenación Municipal para tapar as ilegalidades que favoreceron que Reganosa obtivera a licencia de construción. A Xunta de Galicia inxectando diñeiro público nun proxecto que resulta totalmente innecesario para a cidadanía, e só serve para enriquecer a uns promotores, que xa na súa orixe obtiveron pingües beneficios cos terreos nos que se asenta REGANOSA. Diñeiro que regatea para o saneamento da Ría e manter a actividade marisqueira e pesqueira.

 No Comité Cidadán de Emerxencia seguimos tendo claro que para esta comarca a loita pola defensa da Ría, da legalidade e da Vida, é prioritaria. Nela vai incluída a defensa do dereito aos nosos recursos naturais, primeira fonte de riqueza, e a preservación da vida humana e da vida natural da nosa comarca.

Defendamos a Vida, a Ría e o Marisqueo!

Planta de Gas Fora da Ría!

Ferrol Terra 3-10-2011


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: