O CCE chama á cidadanía a asistir ao xuízo aos mariscadores

O próximo lúns 14 de novembro, ás 10 da mañán, no Xulgado de Ferrol, comeza o xuízo a 9 mariscadores, aos que a Fiscalía lles imputa un presunto delito de resistencia e desobediencia grave á Autoridade, como consecuencia da acción promovida polo Comité Cidadán de Emerxencia, o 7 de maio do 2007, para impedir a primeira entrada ilegal na Ría de Ferrol dun gaseiro cargado con GNL a subministrar á Planta de Gas de Reganosa.

A Fiscalía desestimou a autoinculpación de numeros membros do CCE que participaron nesa acción.

O orixe do conflicto e do proceso contra os 9 mariscadores, inscríbese na reubicación no interior da Ría da Planta de Gas de Reganosa, unha instalación ilegal como así dictaminou o TSXG. Unha instalación que supón un perigo para a vida de milleiros de cidadáns e cidadás e que acelera a destrucción da Ría de Ferrol, medio de vida de centos de mariscadores/as e das súas familias.

Unha vez máis vaise a proceder a xulgar a membros dun colectivo vítimas da degradación permenente da Ría, namentras os responsables da ilegal e perigosa ubicación da Planta de Gas, da destrucción da Ría e da estafa continuada á cidadanía seguen actuando con total impunidade.

 O CCE chama a cidadanía a estar presente na celebración de dito xuízo o lúns día 14 ás 10 horas, nos Xulgados de Ferrol, Rúa Coruña, s/n.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán

Etiquetas: , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

One Comment o “O CCE chama á cidadanía a asistir ao xuízo aos mariscadores”


  1. […] O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol chama á cidadanía a asistir ao xuízo aos m… cociudem.wordpress.com/2011/11/11/o-cce-chama-a-cidadania-a-…  por tximbalee hai 2 segundos […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: