Hoxe: Gaseiro á deriva e entrada abortada

No dia de hoxe tiña prevista a entrada na Ria o Gaseiro cargado con GNL ”Barcelona Knutsen” o de maior volume, 173.500 m3 , capacidade que supera as condicións outorgadas a Reganosa ( 143.000 m3 ). Polas condicions metereoloxicas e singularidade da Ría de Ferrol tivo que ser abortada a operacion de entrada. Dende a posta en marcha da Planta, van 26 operacións abortadas, o 25% do total. Este feito ilustra moi ben que a reubicación no interior da Ria da planta de gas, non obedeceu a ningunha razón tecnica, senon a razóns que posibilitaran a operación especulativa do grupo impulsor (Grupo Tojeiro).

No dia de onte quedaba a deriva fronte as nosas costas o Gaseiro “Artic Princess”, que por sorte estaba descargado, ¿pero alguen se imaxina esta circunstancia nun Gaseiro como o Barcelona Knutsen, cargado co miles de toneladas de GNL?. Os fallos humanos e técnicos existen. É por iso a nosa exixencia que, unha instalacion ilegal, perigosa que destrue a Ría e que pagamos os cidadans a traves das tarifas do gas e da electricidade, non pode funcionar so para o enriquecemento duns poucos persoeiros sen escrúpulos.

 ¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!.

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: