CONCENTRACION Gaseiro nº 108
Prevista a entrada na Ría, do gaseiro cargado con GNL, nº 108 ”Cheikh el Mokrani”, o próximo Sábado dia 24, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca
CONCENTRACIÓN
SÁBADO 24 Decembro 2011, ás 19 hs,
na Praza de Armas
Este Comité Cidadán de Emerxencia considera que a pesar de tratarse dunha data sinalada e de tradicional celebración na familia e no entorno de amizade e veciñanza, debemos facer un novo exercicio de responsabilidade e firmeza na demostración de que seguiremos a amosar á cidadanía de Ferrolterra que a Planta de Gas é un perigo permanente para todos e todas, un despropósito e un fraude que, coa complicidade de todas as Administracións, se está a manter só en beneficio dos seus promotores.
Onte, hoxe e sempre: ¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !
CARACTERÍSTICAS DO BUQUE:
Nome.- Cheikh el Mokrani, Bandeira.- Bahamas, Eslora.- 220 m, Manga.- 35 m, Calado.- 10.75 m, Puntal.- 22.55 m, Capacidade.- 75.500 m3 de GNL
Decembro 22, 2011 ás 9:49 pm
se reganoxo reventa tanto ten que sexa nadal… morreremos todos igual!