DESCAMISADOS

por Manuel Cendán en Diario de Ferrol e no seu Blog: http://nordes.wordpress.com/2012/03/27/descamisados/

Asistimos á constatación de que a crise é xeneralizada e afecta tamén á propia xustiza. Os ferroláns somos testemuñas do xuízo contra oito mariscadores, que xunto con centos de persoas en maio de 2007 protestaron en defensa da ría, fronte á entrada ilegal dos buques de GNL con destino a Reganosa.

Estes mariscadores son xulgados, mais son as primeiras vítimas, e quizais resalte o papel da fiscalía, que evidentemente non está sendo tan eficaz en sacar á luz os escándalos políticos e económicos dese fracaso que supón a planta de gas, en Punta Promontorio.
A redución final a un número moi pequeno de persoas acusadas, por parte da fiscalía é a evidencia da propia debilidade procesal do xuízo. Todo o mundo en Ferrol sabe da convocatoria feita nese día polo Comité Cidadán, e da participación de coñecidos dirixentes sociais, sindicais e políticos. Pretenden dar un escarmento aos mariscadores? Pois erran. Nestes tempos non é tolerable a volta dos xuízos políticos.
Alén do caso, compre unha profunda reforma que traia unha fiscalía independente do poder político e que a única presión sexa a democrática dos cidadáns. Tamén, a soberanía reside no pobo; e cando os poderes públicos son desafectos coas súas obrigas de defensa da súa sociedade, esta ten o dereito de rebelión. Algúns esquecen que o actual Estado democrático de Dereito, nace dos descamisados que derrocaron ao poder despótico.

Manuel Cendán, é sindicalista e directivo da A.C. Fuco Buxán

Advertisements
Explore posts in the same categories: De amigos

Etiquetas: , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

One Comment o “DESCAMISADOS”

  1. Nemigo Says:

    penso que a situación foiselles das mans. Vai uns meses asistiamos ao intento de procera ao concello de ferrol polo seu apoio a garzón. Non puido ser
    Agora estamos noutro episodio da desfeita xudicial. Cada día é máis dificil tapar o uso político e represivo do sistema xudicial.
    Vai un tempo dicía un comentarista que non debera permitirse o trolleo xudicial. Non pode ser que un fiscal acuse sen base nin argumentación. Presentar unha denuncia falsa é delicto, acusar sen base tamén debera selo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: