Outro fracaso para Reganosa
Unha vez máis Reganosa demostra que ademáis de ser unha instalación perigosa para toda a cidadanía de Ferrolterra, pola súa ubicación, é innecesaria e antieconómica e supón un lastre para o erario público, é decir para todos nós.
Por unha banda manteñen pechado desde hai varios anos o gasoducto de Tui que subministraría o gas necesario para Galicia, máis económico e con menos riscos, só para xustificar a necesidade da Planta de Reganosa.
Pola outra, vaise descobrindo a endeblez dos seus argumentos por moito que Reganosa e a Xunta de Galicia, socia da mesma pretendan ocultar os seus fiascos.
Van acumulando continuos fracasos de xestión: Nin o Grupo Tojeiro usou nunca do gas que aseguraba precisar nin os ciclos combinados, que traballan á mínima capacide, utilizan as cifras previstas. Súmase agora o rexeitamento de envío de gas a Portugal, ofertado sen éxito e a través de “descoñecidas xestións” polo Presidente Feijoo.
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán
Maio 27, 2012 ás 10:38 pm
e lembrar tamén que Repsol xa deixou de mandar gas a Arxentina… outra desfeita máis sen senso