Esta batalla continúa e ímola a gañar

Asemblea Cidadá Aberta, 9.06.2012


Fotos e Vídeo na web do Colectivo Ártabra 21

Hoxe sábado 9 de xuño, diante do Concello de Ferrol celebrouse unha asemblea Cidadá Aberta, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para facer pública a satisfacción pola Sentenza do Tribunal Supremo que confirma outra do TSXG do ano 2008, declarando ilegal a Modificación do PXOM do Concello de Mugardos que permitíu a construcción da Planta de Gas de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambiental.

O Coordinador do CCE, Manuel Rodríguez Carballeira, manifestou na súa intervención que este fallo xudicial nos da a razón nesta loita, emprendida hai 11 anos, e tivo verbas de agradecemento a cantos colaboraron e colaboran en facer valer a legalidade. Que os promotores de Reganosa falan pola boca do Alcalde de Mugardos dicindo “que se vai resolver en 15 días” as ilegalidades en 11 anos acumuladas. Porque Reganosa levantóuse nun cúmulo de ilegalidades, desde o ano 1999, co recheo ilegal de 125.000 m2 en Forestal do Atlántico, a extracción de 200.000 m3 de áridos arruinando a riqueza dos bancos marisqueiros da zona.

As maquinacións do Grupo Tojeiro e do Presidente Fraga trocaron a ubicación inicial no Porto Exterior polo emplazamento en Punta Promontorio, tan só, para favorecer a operación especulativa que reportou ao Grupo Tojeiro un beneficio de 5.000 millóns de pesetas. Esta foi a única razón da ubicación no interior da nosa Ría de 150.000 Tm de gas, ao pe das casas de Mugardos, a 800 m. do Arsenal e a pouco máis dun quilómetro da cidade de Ferrol.

Unha Planta que está acelerando a destrucción da Ría, utilizando a diario 300.000 Tm de auga de mar que esteriliza nun proceso de regasificación, que non constaba na autorización inicial pero que resulta máis barato para os promotores.

Unha Planta deficitaria que traballa por baixo do 40 % da súa capacidade de producción, e que nos custa máis de 58 millóns de euros anuais a toda a cidadanía e que forma parte das periódicas subidas nos nosos recibos de gas e electricidade.

Unha planta que forma parte da burbulla enerxética, similar á burbulla do ladrillo e que pon en perigo a vida das persoas polo beneficio económico duns poucos.

As deficiencias e as ilegalidades de Reganosa son totalmente insubsanables, e por iso, o CCE, a través dos seus asesores xurídicos, vai exixir a execución da Sentenza.

Vai pedir a anulación das decisións administrativas baseadas nestas decicións ilegais: Licencia de construcción, Licencia de funcionamento, etc.

Os que non teñen escrúpulos de poñer en risco a vida da xente van seguir coas súas manobras dilatorias, por tanto, é preciso continuar e incrementar a presión e a mobilización social para exixir canto antes a execución desta Sentenza.

Anunciou as seguintes convocatorias:

  • Para o vindeiro mércores nova Rolda de Prensa, coa participación dos Asesores Xurídicos e a representación do conxunto de Entidades Cidadás.

  • Para o 20 de xullo, a celebración da VI Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, co lema : “Planta de Gas fóra da Ría. Reganosa ilegal, cese da súa actividade”.

Rematou a súa intervención dicindo: “Esta batalla continúa e ímola a gañar”.

Destacar das seguintes intervencións de integrantes do CCE:

Lupe Ces dixo que o CCE ten que ir pensando en reconverter as instalacións de Reganosa en algo útil para a cidadanía, deixando de ser unha amenaza para converterse en algo positivo, respectando os escasos postos de traballo. Fixo mención aos compañeiros nesta loita – Carmelo Teixeiro, José Gabeiras, José Torrente, Tino Deibe – que hoxe xa non están entre nós.

Rafael Pillado manifestou que este acto é o inicio da celebración dunha sentenza histórica, que algúns consideraban que nunca se produciría. Plantexou a necesidade de incrementar a participación, e co o esforzo de todas e todos, darlle a Asemblea Cidadá e á Marcha a Mugardos unha gran dimensión para facer posible a execución da sentenza.

Luz Marina Torrente: Amosou a satisfacción da Asociación Veciñal de Mehá por esta sentenza e criticou a actitude do Presidente da Xunta e do Alcalde de Mugardos que seguen a “tachar de defecto ou erro o que é unha corrupción”.

Confirmou que desde o CCE e desde a A. V. de Mehá “seguirán loitando para que esta sentenza non caia en saco roto”.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: