Xuntanza do CCE co PSdG-PSOE no Parlamento Galego

Xuntanza dunha representación do CCE co Grupo Parlamentario do PSdG-PSOE no Parlamento de Galicia o dia 10 de Xullo de 2012
A xuntanza celebrase despois da petición cursada polo Comité Cidadán de Emerxencia a todos os grupos do Parlamento de Galicia, tras a Sentenza inapelable do Tribunal Supremo que anulou a modificación do PXOM de Mugardos que serviu de base para a construción da planta de gas de Reganosa.
Asistiron a reunión: polo Grupo do PsdG-PSOE as deputadas Beatriz Sestayo doce e Carmen Gallego Calvar e o deputado José Luis Méndez Romeu, e polo CCE, Luz Marina Torrente López, Manuel A. Rguez. Carballeira, Eliseo Zaera Rios e Humberto Fidalgo Couce .
Por parte do CCE, fíxose unha exposición do percorrido administrativo, xudicial e mobilizador ata esta sentenza do Supremo, lembrando o carácter perigoso da planta de Reganosa, unha ameaza para miles de persoas, que acelera a destrución do ecosistema da Ría, sendo ademais unha instalación deficitaria que nos custou, no ano 2011, perto de 58 millóns de euros. Tamen se puxeron en coñecemento do PSdG-PSOE, as actividades irregulares de Reganosa coa carga e descarga de GNL, as novas agresións á Ría, como o dragado da canle de entrada, ou o numero de dias baixo mínimos da planta durante o 2011.
Tendo en conta que a ilegalidade da planta de Reganosa e insubsanable, o CCE recabou unha actuación decidida e coherente do Grupo Parlamentario do PSdG-PSOE o través das seguintes iniciativas parlamentarias:
– Solicitar do Goberno da Xunta de Galicia, o axeitado cumprimento da sentenza do Supremo
– Abrir unha Comisión de investigación sobre a actividade de Reganosa.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: