Concentración Gaseiro nº 122

Prevista a entrada na Ría do Gaseiro cargado con GNL, nº 122 “LNG Ogun” o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACIÓN

MÉRCORES 18 de Xullo, ás 20 hs,

no Peirao de Curuxeiras – Ferrol

características do buque:

Nome.- LNG Ogun, Bandeira.- Bermudas, Eslora.-285.1 m, Manga.- 43.4 m, Calado.- 12.00 m, Puntal.- 50 m, Capacidade.- 149.600 m³ de GNL

O CCE aproveita para convidar a toda a cidadanía a participar na VI Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, que se celebrará o venres, 20 de xullo, partindo ás 17 hs, do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza – Ferrol, para chegar ao Campo dos Carneiros (**)en Mugardos en torno ás 20,30 hs, onde se pode disfrutar da camaradería, da música e da comida.

A marcha pódese facer completa ou por etapas, a pé, en bici, en coche. Colaborando con coches de apoio. Agardando en Mugardos aos que chegarán camiñando.

PARTICIPA E DIFUNDE

Tras a recente sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a ubicación de Reganosa, temos que exixir o fin desta amenaza e deste despilfarro de cartos públicos. Temos que exixir o seu peche definitivo.

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA

(**)O espazo onde remata a Marcha, en principio anunciada para a Praza do Mercado, onde se viña celebrando nas últimás edicións, trasládase por decisión do Concello de Mugardos ao Campo dos Carneiros, lugar a carón das Vivendas Sindicais de Mugardos.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: