O CCE intervén no Pleno de Ferrol

Pleno Moción EU peche Reganosa

Ao pé, AUDIOS das intervención no Pleno

A maioría da corporación ferrolá dálle ás costas á Vida, á Ría e á Legalidade no caso de Reganosa.

Ás dez da mañá, comezou o pleno do Concello de Ferrol, que incluía na orden do dia unha moción do grupo Municipal de Esquerda Unida, onde se solicitaba instar ao Parlamento galego a abrir unha Comisión de Investigación sobre Reganosa, e ás institución competentes a cumprir a Sentenza do Tribunal Supremo. Ademais, facendo uso do Regulamento de Participación Cidadá, e a solicitude da organización ADEGA, a compañeira Lupe Ces en nome do Comité Cidadá de Emerxencia puido facer uso da palabra no Pleno para argumentar as razóns da súa loita e pedir o voto para a moción presentada por Esquerda Unida.

A celebración do Pleno antecedeulle un comunicado da Executiva Local do PSOE, onde se afirmaba a súa vontade de solicitar a paralización cautelar da actividade da Planta de Reganosa. Feito este que anunciaba unha rectificación, polo tanto unha nova etapa nesta formación política en canto a postura mantida até o momento.

As explicacións do voto dos distintos grupos, volveron a evidenciar as complicidades que se manteñen cunha instalación perigosa, innecesaria e ilegal. O grupo municipal do PSOE, apoiou a creación dunha comisión de investigación, pero manifestouse en contra do feche da planta, cun discurso da súa portavoz, onde reproduciu un a un os argumentos propagandísticos de Reganosa sobre os hospitais e empresas aos que subministra gas. Argumentación invalidada polos propios números do sistema gasístico. Argumentación que pecha os ollos ante a realidade da burbulla enerxética da que Reganosa fai parte. Unha burbulla que leva a que, mentres na totalidade do territorio da Union Europea existen 14 plantas de gas, no estado español existen un total de 8 plantas!

O grupo municipal do BNG, manifestou o seu apoio á creación dunha comisión de investigación, pero pretendeu que EU cambiara a redacción do texto referido ao “cumprimento da sentenza”, sustituindoo polo do “cumprimento estrito da legalidade”, nun intento de xustificar a modificación do PXOM de Mugardos, aprobada pola Xunta, na crenza de que esa modificación anula unha sentenza que é irrecorrible, e que non caduca.

Por tres veces, o representante do BNG, afirmou que foran a única organización que presentou alegacións contra a instalación de Reganosa. O que segue sen explicar o BNG é porque cambiou de opinión. Como é que de presentar alegacións no ano 2001, se pasa a unha defensa dunha instalación perigosa, ilegal, e manifestamente innecesaria para Galiza. Cambio que levou á dimisión de dous concelleir@s do BNG e un do PSOE, e que, mesmo sendo integrante do Goberno Bipartito, co conselleiro Fernando Branco, responsable de Industria, continuouse cos recursos interpostos pola Xunta de Fraga Iribarne contra as sentenzas do TSXG, e se recorreu esta terceira sentenza que agora é ratificada polo Supremo. Tampouco se explica as iniciativas do alcalde do BNG en Mugardos. A última, aínda despois de coñecida a sentenza, intentando esquivala, cunha nova modificación do PXOM, que pode incorrer nun delito de prevaricación.

O edil de Independentes por Ferrol, mantivo o seu criterio de oposición á instalación de Reganosa dentro da Ria, e o PP nunha breve exposición de motivos, votou en contra da moción.

Aínda que a moción foi desestimada, Esquerda Unida anunciou novas iniciativas no Parlamento Español a través do grupo da Esquerda Plural. O Comité Cidadán de Emerxencia, non vai ficar parado ata que se cumpra esta sentenza, que ven darlle a razón despois de anos de loita nun proceso que arrastra, corrupción política, enriquecemento indebido, conivencia das forzas políticas cos grandes grupos empresariais e un alto nivel de risco para a vida de mais de 100.000 persoas nesta comarca e contra a riqueza da nosa Ría.

Intervencións no Pleno:

Lupe Ces CCE

Yolanda Díaz EU 1ª

Juan Fernández, IF – 1ª

Iván Rivas, BNG – 1ª

Natividad González, PSOE – 1ª

J.Vilariño, PP – 1ª

Juan Fernández, IF – 2ª

Vicente Irisarri, PSOE – 2º

Iván Rivas, BNG – 2ª

Varias interv.

Yolanda Díaz, EU – 2ª

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

One Comment o “O CCE intervén no Pleno de Ferrol”

  1. Remexendo Says:

    O grupo municipal do BNG, manifestou o seu apoio á creación dunha comisión de investigación…

    “pero pretendeu que EU cambiara a redacción do texto referido ao “cumprimento da sentenza”, sustituindoo polo do “cumprimento estrito da legalidade”, nun intento de xustificar a modificación do PXOM de Mugardos, aprobada pola Xunta, na crenza de que esa modificación anula unha sentenza que é irrecorrible, e que non caduca. ” ESTO ÚLTIMO NON SE CORRESPONDE COA REALIDADE

    IU propuña (acordo 2 da súa moción) , textualmente : “O pleno do concello de Ferrol acorda instar às autoridades competentes a executar o peche da planta de gas de Reganosa”

    o BNG propuxo unha emenda, a este punto, de substitución ou ben engadir un novo acordo a moción que dicia textualmente: ” O Concello de Ferrol insta ao cumprimento estrito do contido da Sentenza da Sala do Contencioso do TS relativa á modificación puntual do PXOM de Mugardos no tocante ao proxecto de REGANOSA.”

    Simplemente para aclarar as cousas, Grazas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: