REGANOSA: Resposta a EU do Ministerio de Industria no Congreso

DOCUMENTO DA RESPOSTA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere dar a coñecer de maneira pública a última das respostas dadas polo Goberno Central encol do escándalo Reganosa. Resposta que pon en evidencia a complicidade e subordinación que o ministerio expresa en relación cos intereses dun grupo empresarial privado que incumpre de xeito flagrante a propia legalidade vixente.

COMUNICADO DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol, xoves 18 de outubro de 2012

O GRUPO MUNICIPAL DE EU DENUNCIA A COMPLICIDADE DO MINISTERIO DE INDUSTRIA COA PLANTA DE GAS DE REGANOSA

O GOBERNO DEIXA FACER A REGANOSA E PON EN RISCO A VIDA DE TODAS E TODOS NÓS”, SINALA JAVIER GALÁN

EU ESTÁ A TENTAR CONQUERIR OS APOIOS PARLAMENTARIOS SUFICIENTES PARA FORZAR UNHA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN NO CONGRESO

O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere dar a coñecer de maneira pública a última das respostas dadas polo Goberno Central encol do escándalo Reganosa. Resposta que pon en evidencia a complicidade e subordinación que o ministerio expresa en relación cos intereses dun grupo empresarial privado que incumpre de xeito flagrante a propia legalidade vixente.

Javier Galán cualifica como complicidade a dun goberno que deixa facer a Reganosa e con elo pon en risco a vida e seguridade de todas e todos nós, e a riqueza da nosa ría, que se atopa nunha situación desacougante co atraso dos investimentos necesarios para acadar o seu saneamento.

José Luis Centella, deputado de IU, rexistrara unha pregunta parlamentaria o 14 de xuño deste ano encol dos efectos que ía ter no Ministerio a sentenza firme do Tribunal Supremo declarando a nulidade da modificación puntual do plan xeral de Mugardos, a coartada empregada noutrora para permitir a instalación da planta de gas no interior da ría.

Agora ben, o Goberno do Estado confirma no último parágrafo da resposta de 9 de outubro ao noso grupo parlamentario no Congreso – escudándose en que se atopaba en estado de tramitación outra proposta de modificación puntual – que no adoptará medida ningunha para velar pola legalidade. Trátase de aplicar unha versión descarnada do deixar facer da economía liberal sobre as vidas da cidadanía de Ferrolterra e sobre a riqueza natural da ría, poboación e ría que restan reducidas a meros elementos económicos de usar e tirar.

Esquerda Unida segue a traballar no Congreso para conquerir a apertura dunha comisión de investigación que permita clarexar e perseguir o complezo de ilegalidades e irregularidades que percorren a instalación e posta en funcionamento da planta de gas de Reganosa. Imos a continuar na rúa e no Congreso un traballo constante de fiscalización das irregularidade e ilegalidades desta planta de gas.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Sen clasificar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: