O gaseiro de hoxe abortou a entrada

Hoxe, de novo, un gaseiro cargado de GNL para A Planta de Gas de Reganosa ten que abortar a súa entrada na nosa Ría.

O LNG Abuja, un vello gaseiro de 33 anos de antiguedade está agora mesmo a dar voltas e voltas diante das nosas costas, impedido, polas condicións climatolóxicas, de cruzar a bocana da ría.

Esto ocorreu a máis dun 20 % dos buques, incrementando os perigos e o custo dunha planta xa de por si deficitaria e innecesaria, sufragada cos cartos públicos (de toda a cidadanía) e ven a demostrar que a reubicación no interior da ría desta planta de gas, ilegal e perigosa, non obedeceu a ningunha razón técnica senon a razóns puramente especulativas do grupo promotor, amparadas na connivencia das administracións.

Unha representación do Comité Cidadán de Emerxencia concentrouse esta tarde, como sempre que se anuncia a chegada dun buque cargado, para exixir, unha vez máis, que se aplique a Sentenza do Tribunal Supremo que confirma a súa ilegalidade, paralizando a actividade de Reganosa.DSC02860

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: