Mércores

Por Suso Basterrechea en Diario de Ferrol

É o de mañá un mércores importante para a comarca. Os traballadores do naval trasladan as súas reivindicacións a Santiago mentres unha delegación europea visita a nosa ría para comprobar aquilo que todos nós coñecemos, o seu estado lamentable.

Dous asuntos xa que logo fundamentais e nos que convén mostrar unidade por parte da cidadanía. Ambas frontes son de longo percorrido e dunha dureza que obrigan a manter posicións ben definidas. Carga de traballo e unha ría limpa e sostible son os obxectivos a alcanzar. Neste contexto non é menor a importancia de Reganosa. Non o é polo perigo real que implica, as mentiras económicas que representa e polas connotaciones simbólicas que ten. Unha loita desigual onde os veciños, organizados, atoparon a oposición da maioría das forzas políticas. A nosa permanecerá onde sempre, sinalando co dedo ese despropósito e aos seus coñecidos e incómodos responsables.

Suso Basterrechea é Concelleiro de EU no Concello de Ferrol

Advertisements
Explore posts in the same categories: De amigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: