Nota da Executiva Local Socialista de Ferrol relativa a REGANOSA

psdgResponsables da Executiva Local Socialista entregaron ao seu eurodeputado Antolín Sánchez Presedo a resolución aprobada relativa a Reganosa, no marco da visita xirada a nosa Ría pola Delegación do Parlamento Europeo.

 A Comisión Executiva Local quere amosar publicamente o seu apoio ao Comitén Cidadán de Emerxencia na visita dos eurodeputados e a posibilidade de falar con Sánchez Presedo sobre estas cuestións.

Representantes da Comisión Executiva Local do PSdeG-PSOE entregaron ao eurodiputado socialista Antolín Sánchez Presedo a resolución aprobada a finais do pasado mes de xullo –unha vez coñecida a sentenza do Tribunal Supremo- por este órgano de dirección política sobre Reganosa. O documento foi entregado por parte do responsable da Área de Política Municipal, Manuel Cendán, no marco da visita realizada á planta de gas por parte dunha delegación da Comisión de Peticións da Unión Europea, da que forma parte o político socialista.


Neste documento, como se lembrará, o PSdeG-PSOE de Ferrol pedía a paralización cautelar das actividades da regasificadora mentres non se coñecese e executase integramente o contido do fallo do Contencioso do Supremo, ademais de solicitar ao Parlamento galego a creación dunha comisión de investigación, toda vez que se teñen resolto diversas resolución xudiciais sobre a planta. No acordo, a Executiva Local tamén reclamaba a elaboración, debate e aprobación dunha Lei Integral de Protección da Ría de Ferrol que aborde, entre outras cuestión, o saneamento integral da mesma, e facía constar o seu rexeitamento á Ley de Costas estatal, aprobada polo Consello de Ministros o 13 de xullo, que “conduce a unha absoluta impunidade especulativa urbanística”.

Ferrol, 14 de febreiro de 2013.-

Advertisements
Explore posts in the same categories: De amigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: