Xuntanza do CCE co Fiscal Xeral de Galicia

No dia de hoxe, unha representación do CCE, acompañada pola Deputada de AGE- Yolanda Díaz,mantivo un encontró co Fiscal Xeral de Galicia a propósito da problemática da Planta de Gas de Reganosa.
O CCE fixo entrega ao Fiscal Xeral de un amplo dossier informativo sobre a planta de gas. Explicandolle a Carlos Varela a situación de ilegalidade, reafirmada tras a sentenza doTribunal Supremo, e insistimos na perigosidade da mesma e a ameaza que supón para a cidadanía o incumprimento de toda a lexislación medioambiental e de seguridade. O proceso de destrucción da Ría de Ferrol como consecuencia do uso fraudulento da auga do mar na que verten inxentes cantidades de hipoclorito sódico, denunciamos o recheo ilegal no que se asenta Reganosa asì como a complicidade das diferentes administracións.
O custo que ten a planta de gas para os cidadáns está en torno a os 60 millons de euros o ano. Reganosa é unha instalación deficitaria, cunha media de produción sobre o 30% da súa capacidade e para “xustificar” o funcionamento desta planta o sistema gasista debe manter pechado o gasoducto de Tui.
En resumo no Documento entregado polo CCE solicítase ao Fiscal Xeral a apertura de dilixencias para investigar:
A falsidade documental na xustificación técnica e económica que os socios promotores de Reganosa aportaron no seu día para que lles fose concedida a Autorización Administrativa.
Reganosa e retribuida anualmente polo Sistema Gasista con aproximadamente 60 millons de euros. Un alto porcentaxe de esta cantidade son retribucións que se corresponden polos gastos de instalación que Reganosa incrementou artificiosamente e que nos están causando un dano patrimonial continuado aos consumidores
O gran beneficiario da operación foi o grupo Tojeiro, principal socio de Reganosa. No ano 2001, o grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico, Gadisa, etc…) vendeu a os outros socios de Reganosa os terreos donde se ia a instalar a planta, polos que obtén unhas plusvalías de mais de 5 millóns de euros, e cedeu parte dunha concesión portuaria por 23 millóns de euros.
Solicitamos á Fiscalía que investigue como foi utilizada e quenes foron os destinatarios dunha partida de 2.355.967,45 de euros que, o grupo Tojeiro utilizou no que o propio grupo denominou “ traballos levados a cabo para á venda de terreos” e pola cal a Axencia Tributaria abriu un expedente a Forestal del Atlántico.
Os sobrecostes pagados repercuten todos os anos nas retribucións que percibe Reganosa do sistema gasista o que significa un incremento da tarifa do gas para os consumidores
É ben coñecido que o estado español, por falta de xacementos, é un obrigado importador de Gas Natural para cubrir as súas necesidades. Solicitamos á Fiscalía que investigue cales e quenes son as sociedades que realizan as extrañas operacións de exportación de gas que desde Reganosa se fan a Italia, Israel, Arxentina, Xapón, etc…
Solicitamos coñecer cál é o prezo que o Sistema Gasista paga ás empresas por abastecer de gas natural licuado ao Estado Español e como posteriormente se xestiona a venda de este producto para o mercado exterior unha vez que xa ten producido costes no sistema gasista español que pagamos todos os consumidores.
Solicitamos a esta Fiscalía que dada a situación de evidente ilegalidade, perigosidade e dano medioambiental inicie actuacións encamiñadas á suspensión da actividade de Reganosa
A 18 de Febreiro de 2013

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: