Recurso contencioso presentado polo CCE

Nota do Comité Cidadán de Emerxencia

O pasado dia 25, o CCE presentou diante do TSXG o recurso contencioso elaborado polos servizos xurídicos, contra a Orde da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia de 13 de Xuño, pola que se aprobou definitivamente a Modificación. Puntual do PXOM do Concello de Mugardos para a “Adecuacion dos usos de regasificación no suelo industrial de Punta Promontoiro”. Recorreuse en base aos seguintes aspectos:

PRIMEIRO.- SOBRE A NULIDADE DE PLENO DEREITO DA ORDE DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS DA XUNTA DE GALICIA DE DATA 13 DE XUÑO, POR TER COMO ÚNICO OBXECTO ELUDIR OS EFECTOS DA SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO DE 11 DE MAIO DE 2012.

SEGUNDO.- SOBRE O CARÁCTER DE INSUBSANABLE DOS DEFECTOS QUE LEVARON AO TSJ DE GALICIA E AO TRIBUNAL SUPREMO A DECLARAR NULA A MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº. 3 DA PXOM DE 2002.

TERCEIRO.- SOBRE A NULIDADE DE PLENO DEREITO DA ORDE OBXECTO DO PRESENTE RECURSO POR VULNERAR O DISPOSTO NUNHA NORMA CON RANGO DE LEI ASÍ COMO POR VULNERAR O PROCEDEMENTO LEGALMENTE ESTABLECIDO.

CUARTO.- SOBRE O VICIO DE DESVIACIÓN DE PODER EN QUE INCORREU A ADMINISTRACIÓN AO APROBAR A NOVA MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM OBXECTO DE LITIS.

En virtude de todo o exposto,

SUPLICO Á SALA, que tendo por presentado este escrito, sírvase …………, ditar en definitiva Sentenza pola que estime integramente o presente recurso contencioso administrativo, declarando:

a) A non conformidade a Dereito da Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, de data 13 de xuño, procedendo a declarala nula de pleno dereito; e,

b) Proceda a ordenar á Administración Pública competente a restaurar o ordenamento urbanístico infrinxido mediante a derriba das instalacións da Planta de Regasificación de REGANOSA situada en Punta Promontoiro, por canto o seu uso non está permitido de conformidade cos plans urbanísticos vixentes. Sobre este particular e a efectos de acreditar que desde o punto de vista económico a Planta de Regasificación é deficitaria a día de hoxe, achegar como documento 7 escrito de conclusións presentado por esta parte no procedemento ordinario 966-2004, seguido ante a Sección Sexta da Sala Contencioso Administrativa do TSJ de Madrid, onde se debate a legalidade da Autorización de Construción da planta. Así mesmo achégase como documento 8 escrito de alegacións presentado por esta parte no procedemento anteriormente referenciado, no que se responde os argumentos de contrario que tratan de desvirtuar a importancia da Sentenza do TSJ que anula a PXOM sobre a Autorización da Planta.

É xustiza, que pido en Madrid, a 22 de Marzo do 2013.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: