Explosión de gas en México
Fai poucas horas, en Ecatepec (México) un camión cisterna que transportaba gas licuado, por unha autopista estatal, colisionou e produxo unha gran explosión, orixinando a morte, polo momento, de 23 persoas e feridas a cerca de 40.
Nun radio de 500 metros causou a destrución de decenas de vivendas e afectou a un centro educativo.
Ante estes casos, por forza temos que pensar nas tráxicas consecuencias que suporían para a nosa comarca de producirse un accidente grave na Planta de Gas de Reganosa – cun volume de almacenamento de 150.000 Tm, – o que equivale a varios milleiros de camións cisterna.
Desde o CCE, pola seguridade de todos e todas, exiximos, unha vez máis, das Administracións a paralización da actividade de Reganosa, en execución da Sentenza do Tribunal Supremo que ratificou a ilegalidade do seu emplazamento.
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité CidadánEtiquetas: accidente gas, explosión gas méxico, ría de ferrol, Reganosa
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Deixar unha resposta