N de Prensa sobre a sentenza do TSJ de Madrid

 

Nota de Prensa do CCE

 

O Comité CIdadan apelará diante o Supremo a Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid do Contencioso contra a Autorizaciónde Construción da planta de Reganosa

 

1.-O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM), ven de desestimar o recurso contencioso presentado polas entidades do CCE contra a Autorización de Construción outorgada a Reganosa pola Direcion General de Politica Energetica y Minas. Nesta sentencia do 30 de Abril, que NON É FIRME,O TSJM ven a reiterar as mismas tesis mantidas contra o contencioso da Autorización Administrativa Previa, tesis coincidentes coas de Reganosa.

 

2.-O CCE mantén que os promotores de Reganosa e os seus cómplices institucionais non utilizaron o procedemento legal (DIA), non por descoñecemento senón porque sabían que á luz do mesmo, o interior da Ria de Ferrol resulta incompatible cunha instalación tan perigosa como unha planta de gas, e só a través dunha actuación fraudulenta poderían acadar o seu propósito, como foi relocalizar a planta de gas en Punta Promontoiro.

 

3.-Esta sentenza choca co dictaminado polo máximo órgano xudicial, o Tribunal Supremo que, en sentenza inapelable do 11 de Maio de 2012 anulou a modificación do Plan de Ordenacion de Mugardos que serviu de base para a construción da planta de gas de Reganosa, por carecer da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) ratificando asi a sentenza de 22 de abril de 2008 ditada polo Tribunal Superior de Xusticia de Galicia

 

O CCE apelará ante o Supremo e esixe a execucion da sentencia do Tribunal Supremo de do 11 de Maio de 2012 para evitar riscos innecesarios a poboacion e que os promotores de Reganosa sigan enchendose os bolsillos a costa da cidadanía – 60 millóns de euros anualmente – cunha instalación deficitaria e innecesaria.

 

Ferrol a 16 de Maio de 2013

 

 

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: