anna.php

O accidente sufrido onte polo buque cargueiro “Anna”, que embarrancou na boca da Ría de Ferrol, pon unha vez máis de manifesto os riscos de navegación na canle para buques de gran tonelaxe e a dificultade de resolver imprevistos técnicos ou metereolóxicos. Non é este un suceso illado, senón que forma parte dunha serie de accidentes ocorridos xa no interior da Ría ou na súa canle de entrada.

Confirma tamén os argumentos deste Comité Cidadán de Emerxencia, tantas veces feitos públicos, advertindo do perigo do tránsito no interior da nosa ría de gaseiros cargados de GNL, que incumpren ademais importantes e básicas medidas de seguridade.

Se o accidente sucedido onte protagonizáseo, en lugar dun cargueiro en lastre, un gaseiro cargado de miles de toneladas de GNL, o pánico – con toda certeza – estenderíase por toda a comarca. A poboación trataría de fuxir dunha posible explosión, ata que todas as vías de saída quedasen colapsadas. Nunca foi importante para os concellos da ría contemplar esta posibilidade e non existe por tanto ningún plan de evacuación que os veciños coñezan. ¿Para qué alarmar? Maloserá…. total, os discursos políticos son quen de atopar argumentos para todo e ninguén se sentiría responsable…

A nova en La Voz de Galicia

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: