Sentenza do TSXM sobre a Planta de Xixón

musel

 

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ditou sentenza considerando ilegal a regasificadora do Musel (Xixón), aceptando un recurso presentado en 2008 por EQUO-Os Verdes de Asturias, contra a resolución do Ministerio de Industria que autorizaba a súa construción.

A decisión xudicial baséase no feito de que a instalación non respecta a legalidade ao estar construída a menos de dous quilómetros de núcleos habitados, incumprindo o estipulado no Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas (RAMINP).

A Planta regasificadora, xa finalizada, non foi conectada á rede por decisión do Goberno central, que o considerou innecesario, dado que non ten demanda de subministración e que as máis próximas, Bilbao e Reganosa están a funcionar moi por baixo da súa capacidade, non obstante Enagás, “está a cobrar” a amortización por “retorno do investimento” que se carga á factura dos usuarios” da rede de distribución de gas.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol congratúlase por esta sentenza, á vez que manifesta a súa sorpresa por canto o mesmo Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ditou resolucións contrarias, polos mesmos motivos, nas demandas contra Reganosa, cuxos incumprimentos son moito máis graves:

A distancia de Reganosa aos núcleos de poboación (Mugardos, Ferrol, O Seixo, etc..) é moito menor.

Reganosa está practicamente encostada a un perigoso complexo petroquímico.

Carece de Declaración de Impacto Ambiental e de Plan de Emerxencia.

Imposiblidad de cumprimento da normativa de seguridade, caso de emerxencia,  para os gaseros cargados de GNL.

A Planta do Musel está en mar aberto, mentres Reganosa está situada no interior dunha ría cun complicado acceso.

O CCE manifesta unha vez máis o seu propósito de seguir loitando en defensa da legalidade, do sostemento da Ría e da vida dos seus habitantes.

¡ REGANOSA: PECHA XÁ ! 

 Valoración da sentenza nos medios de comunicación:

> http://www.rtve.es/alacarta/videos/panorama-regional/panorama-regional-04-10-13/2047024/

> http://www.rtpa.es/asturias:La-Justicia-considera-ilegal-la-regasificadora-de-El-Musel_111380888348.html

> http://www.20minutos.es/noticia/1938160/0/

> http://www.elcomercio.es/20131004/economia/equo-verdes-ecologistas-exigen-201310041516.html

> http://www.elcomercio.es/20131004/economia/tribuanles-anulan-autorizacion-regasificadora-201310041348.html

> http://www.lne.es/gijon/2012/04/26/desmantelar-regasificadora-musel-llega-tribunales-madrid/1233091.html

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: