Os gaseiros de Gas Natural –Fenosa versus Reganosa e Navantia

 

Destápase nestes dias o escándalo de que Gas Natural Fenosa versus Reganosa ( un dos seus máximos accionistas) e Repsol adxudican 4 gaseiros aos estaleiros de Xapón e Korea. Estando os nosos sen carga de traballo, a construción destes catro buques, serviría para paliar a gravísima situación que atravesamos cando máis de 2000 traballadores das Compañías Auxiliares xa están na rúa.

É rechamante que nos útimos anos os directivos de Reganosa (Planta de Gas ilegal, perigosa, deficitaria e destrutiva para a nosa Ría), tentando – sen escrúpulo algún – gañarse á cidadanía, véñennos bombardeando con que Reganosa promove o traballo en Navantia, coa reparación de gaseiros, vestíndose con plumas alleas, xa que Navantia vén realizando estas reparacións desde 1993.

A adxudicación dos gaseiros aos estaleiros asiáticos demostra o interese real, de Reganosa e os seus socios, polo emprego nesta comarca.

Unha vez máis aos traballadores e cidadanía desta comarca tocaranos seguir padecendo a ameaza para as nosas vidas da Planta de Reganosa, a seguir pagando a estafa da subida continuada da tarifa eléctrica e asistindo á destrución do ecosistema da Ría. Todo iso coa complicidade dos gobernos de Rajoy e de Feijóo, que promoven unha política de deixar caer a actividade dos estaleiros públicos para logo desmantelalos.

A pesar do que diga o Alcalde de Ferrol, os xestores de Navantia son simples peóns colocados polo goberno do PP para cumprir o labor político de desmantelamento dos estaleiros públicos.

É a cidadanía de Ferrolterra quen ten nas súas mans o impedilo a través da mobilización sostida e contundente.

Só a presión social – sen perda de tempo – será capaz de reverter esa adxudicación e impedir a posta en marcha do Plan de Empresa que presentarán en próximos días e que será outro paso adiante para a súa destrución.

A solidariedade da comarca e a firmeza dos traballadores teñen que facer posible un verdadeiro plan de viabilidade para os nosos estaleiros, en defensa dos postos de traballo e da vida social e económica de Ferrolterra.

¡ Sí se pode !.

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: