PINTURA

 

por Amadeo Varela, no Diario de Ferrol, hoxe.

PINTURA. A que lle puxo Reganosa aos seus enormes tanques, como un recoñecemento implícito da desfeita medioambiental cometida na nosa ría, co emprazamento deses monstros nun entorno paisaxístico de valor incalculable.
E tamén como demostración de que nunca tivo un certificado ambiental que xustifique tal barbaridade.

Eu teño a dúbida de se o pintado é un daqueles “encaixes legais”, que o presidente da Xunta anunciou, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza do Estado confirmase a ilegalidade ambiental da planta regasificadora.

Agora quédalles “encaixar” o atentado ecolóxico que supón a esterilización e o enfriamento progresivo das augas da ría, que rematarán por eliminar todo vestixio de vida animal e vexetal, coas terribles consecuencias, non só ecolóxicas, senón tamén económicas.

En resume, que a planta de Reganosa non só non aportou aquela morea de postos de traballo que prometera, senón que está a destruír o medio de vida de moitas familias.

Advertisements
Explore posts in the same categories: De amigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: