O CCE precisa axuda económica para continuar procesos xudiciais

Estimad@s simpatizantes na causa contra a planta de gas de Reganosa,

O pasado verán de 2013, fixémosvos unha solicitude de apoio económico, que tivo unha resposta extraordinaria, superando os 3.000 €. Queremos agradecérvolo a todas aquelas persoas que fixéchedes este importante esforzo.

Como sabedes desde hai case 13 anos, contamos coa inestimable colaboración totalmente gratuíta de vari@s avogad@s, en Ferrol, Coruña e sobre todo en Madrid, que nos permitiron iniciar e continuar os procesos xudiciais contra as diferentes fases de aprobacións da planta de gas, sen que isto supuxera maior gasto que o pago aos procuradores, de moita menor cuantía que o que serían as minutas d@s avogad@s.

Recordarvos de novo que a lei de taxas 10/2012 do 20 de novembro, supuxo un cambio e unha barreira importante para poder continuar cos procedementos que temos en marcha. Para unha interposición de recurso contencioso administrativo hai que ingresar 350 € máis un tanto por cento (0,5 % ou 0,25 % ) do valor da cantidade fixada polo xulgado para cada caso; para un recurso de apelación, 800 € máis a porcentaxe; para un recurso de casación, 1.200 € máis a porcentaxe.

Para a Administración estes gastos non supoñen ningún cambio porque está exenta do seu pago, e para Reganosa eses importes son unha nimiedade fronte aos ingresos millonarios que ten a través das retribucións do sistema gasista. Neste ano 2014 vai recibir máis de 53 millóns de euros do diñeiro público, en concepto de amortización da inversión, retribución financeira e custes de operación e mantemento fixos. Aparte recibirá os importes variables en función da súa actividade: peaxes por volume de regasificación, carga e descarga de buques, carga de cisternas e postas en frío de gaseiros. Todos estes importes pagámolos entre toda a cidadanía, no noso recibo de butano, propano ou gas natural canalizado. Para o CCE, porén, supón unha importante carga económica que debemos afrontar só cos nosos propios medios.

 Aparte doutros gastos empregados noutras actividades (custes das mensaxes de aviso de entradas de gaseiros, fotocopias de cartaces, documentación, etc.), ao longo de todo o ano 2013, temos feito pagos por valor de  máis de 9.600 €. Na folla que acompaña facemos unha relación deles. Fixemos frente a estes gastos, cos fondos acumulados de loterías e outros actos organizados nos últimos seis anos, ademáis de contar coa importante aportación extraordinaria do pasado verán, que conseguimos grazas a todas e todos vós.

Agora unha vez máis necesitamos unha aportación extra para poder continuar os procesos pendentes contra a autorización administrativa previa, a de construción e a acta de posta en servizo. Inmediatamente temos que dispor de 1.290 € para interpoñer recurso de casación contra a denegación do incidente de execución da sentencia do Supremo do 12 de maio de 2012 que anula a modificación puntual do concello de Mugardos. Sentencia que tira abaixo o castelo de naipes montado para obter as autorizacións da planta. Lembrar que esta sentencia é inapelable e non pode ser anulada por actos posteriores da administración, menos aínda por actos da administración autonómica.

É difícil poder concretar unha cantidade media a aportar, porque sempre vai depender da situación económica de cada quen. Barállanse cifras orientativas de uns 150 a 300 euros por asociación e de 20 a 40 euros (ou máis se se pode) por persoa a título individual.

Unha vez máis, moitas gracias a todas e todos pola vosa colaboración!

 

Relación de gastos xudiciais ano 2013

  Data…………………..Concepto……………………………………………Importe

19-2-13………..TSXG (Costas apelación)……………………………….273,82 €

26-2-13………..Provisión fondos procurador Madrid…………….803,32 €

23-3-13…………Provisión fondos procurador Madrid…………….517,71 €

14-4-13………….Liquidación de suplidos……………………………….521,03 €

30-4-13………….Tasas tribunal e gastos xestión……………………1.354,35 €

20-5-13…………..Depósito, reposición e tasa casación…………..1.320,58 €

16-6-13…………..Provisión fondos procurador 1 Coruña……………193,30 €

5-7-13……………Provisión fondos procurador Madrid…………..2.100,00 €

25-9-13………….Depósitos e consinacións TSXG……………………….25,00 €

25-9-13………….Recurso apelación procurador 1 Coruña…………197,57 €

28-11-13………..Provisión fondos procurador 2 Coruña……………733,97 €

28-11-13………..Recurso tasación…………………………………………….50,00 €

20-12-13………..Costas procesais Verquidos……………………………1.521,29 €

TOTAL…………………………………………………………………………………9.611,94 €

 

Para axudas económicas:

C.c. no Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros

Desde España: 0049 3315 77 2894017995

Desde o Extranxeiro: IBAN ES 71 00493315772894017995

 

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: