O Gaseiro 162 desiste da entrada. Nota do CCE

O sabado día 8, coa pleamar de pola mañá, estaba prevista a entrada na Ría do gaseiro de bandeira ce comenencia  LNG Bonny para descargar GNL na planta de Reganosa.  As condicións metereolóxicas e a singularidade da canle de acceso á Ría imposibilitaron a entrada.

Unha vez máis se amosa que a relocalización da planta de gas no interior da Ría  non obedeceu a razón técnica algunha,  senón que a verdadeira razón de fondo  foi a operación especulativa da parcela onde se levantan os tanques, que lle  reportaron ao Grupo Tojeiro 30millóns de euros.

Esta Planta de Gas constitue un caso paradigmático de corrupción, no que os grupos maioritarios poñen  as administracións públicas ao servizo dos intereses de Reganosa, como se poido comprobar recentemente no informe da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.

A planta de Reganosa non só é unha instalación ilegal, perigosa e nociva para o ecosistema da nosa Ría,  senon que forma parte do atraco o que nos vemos sometidos a cidadanía,  a través das constantes subidas das tarifas da electricidade e gas que van a engrosar a conta de resultados das empresas enerxeticas. 

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ ¡

Como en cada ocasión que se anuncia a entrada dun Gaseiro, unha representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, concentrouse na Praza Amada García, demandando o peche da Planta, en defensa da Ría e da vida.

http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/74775

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: