Nova denuncia do CCE, contra a Autoridade Portuaria, ante a Fiscalía

O Comité Cidadán de Emerxencia solicitou hoxe ao Fiscal Xefe do TSX Galicia  abrir unha investigacion no seo da Autoridade Portuaria de Ferrol-S. Cibrao polo uso dos fondos públicos asi como o conxunto de ilegalidades contra a Ría ao longo destes últimos anos.

Esta denuncia faise despois de que os medios publicaran, a resultas dunha auditoria da Intervencion Xeral do Estado, os gastos improcedentes e o cobro de dietas por parte de membros do Consello de Administración, sen sequera asistir as reunións.

Plantexamos que a investigación por parte da Fiscalía debe abarcar dende o  2001 en adiante.

É preciso lembrar a destitución do presidente Guillermo Caramelo por opoñerse a instalación da planta de gas no interior da Ría, por parte do entón Conselleiro de Ordenacion –Sr. Cuiña-,  e sua sustitución por Guillermo Grandio. É a partires de entón, cando comeza  o cúmulo de ilegalidades da Autoridade Portuaria a favor de Reganosa, así como o novo modelo de remuneracións. Lembrar, entre outras cousas, que, Guillero Grandío suscribíu unha poliza sde seguros a favor dos conselleiros e dos seus conxuxes por si algún dos acordos tomados foran declarados ilegais polos tribunais.

O CCE veu denunciando dende entón estes feitos.

Ler documento da denuncia

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: