Accidente nunha Planta de Gas en Plymouth (USA).

033114gasplant_mljc1u

Unha grande explosión ocorreu, na mañá do pasado luns, nunha planta almacén de Gas natural licuado (GNL) nas proximidades da cidade de Plymouth, estado de Washington á beira do río Columbia.A planta de licuefacción, almacenaxe e regasificación, propiedade de Williams Cos Ins LNG, componse de dous tanques almacén de 14,6 millóns de galóns de capacidade cada un (uns 56.000 m3, o que supón un terzo da capacidade dos tanques de Reganosa) e demais equipos auxiliares. A explosión escoitouse a varios quilómetros de distancia e o lume extinguiuse en dúas horas. Como consecuencia da explosión resultaron feridos 5 traballadores da planta que foron trasladados a dous hospitais da zona. Aínda o martes o persoal de emerxencia non entrara na planta enviando un robot ao longo do luns para toma de datos da fuga de gas. Expertos do sector do gas natural non comprenden aínda as razóns da explosión que se rexistrou na zona lindante á parede do tanque, lugar de difícil confinamento do gas vaporizado. Como consecuencia do accidente as autoridades procederon á evacuación dos habitantes da zona residentes nun círculo de 2 millas de radio (3,2 km).
A tipoloxía deste accidente débenos facer reflexionar que os imponderables están á espreita e en calquera momento o impensable pode ocorrer. Debemos pensar que a Planta accidentada ao estar afastada de poboación agrupada soamente afectou a unhas 500 persoas que foron evacuadas da súa residencia.
¿Como se faría unha evacuación na ría de Ferrol se a zona a evacuar é de 3,2 km de radio comprendendo lugares densamente habitados como son: Mugardos, Meha, Franza, O Seixo, A Graña, Centro de Ferrol e Caranza?

Enlaces:
http://www.journalgazette.net/article/20140401/NEWS03/140409965/-1/NEWS09http://af.reuters.com/article/energyOilNews/idAFL1N0MS1S620140331?pageNumber=1&virtualBrandChannel=0

http://www.reuters.com/article/2014/03/31/williamspartners-natgaspipe-fire-idUSL1N0MS1S620140331

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas:

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: