No nome do CCE ¡ GRAZAS!

20140901_111354 20140901_111209

A axuda solidaria impedíu a entrada de Bastida no cárcere
O CCE manifesta o seu agradecemento a todas as persoas, que de forma individual, e a todas as formacións políticas e entidades cívicas (EU, Anova, Espazo Ecosocialista, A Revolta de Trasancos, A.C. Muinho do Vento, Fuco Buxán, Colectivo Artabra 21, Adega, Plataforma de veciños “O Cruceiro de Mehá”), que de xeito colectivo, contribuiron coa súa axuda solidaria, a alcanzar os 4.995,25 €, cos que se cubríron con creces os recursos necesarios para impedir que Bernardo Bastida entre no cárcere.
O CCE promoveu, en maio do 2007, a acción pola que foi condenado Bastida, o bloqueo da entrada na Ría do primeiro gaseiro cargado con GNL, nela participamos centos de persoas e a través da cal transcendeu mais aló da nosa comarca a barbaridade da planta de Reganosa, rompéndose os muros de silencio que invisibilizaban a nosa loita. Unha loita colectiva non podía admitir a condena dun só compañeiro, así o entenderon as persoas e entidades que mostraron a súa corresponsabilidade en apoio solidario.
Catorce anos de loita, de mobilización permanente en defensa da vida, da legalidade e da Ría. O caso da Planta de Gas de Reganosa é un proceso continuado de corrupción política-financieira. O pasado 18 de Xullo, celebrábamos a 8ª Marcha a Pé a Mugardos baixo o lema “ Móvete contra a impunidade”. Rexeitada polo Tribunal a autoinculpación de decenas de persoas que participamos no bloqueo da Ría, é indignante observar a condena de Bastida, namentres os corruptos, os responsables de tamaña barbaridade campan con total impunidade. Algúns son premiados incluso, como Jose Luis Mendez ex-Presidente de Caixa Galicia, no Consello de Administración de Reganosa
Nestes últimos tempos o Comité Cidadán de Emerxencia, ten que facer fronte a outra dificultade engadida. O Goberno do PP, de Rajoy e de Gallardón, promoveron una contrarreforma xudicial ( novas taxas etc…) coa que tentan impedir o acceso da cidadanía á xustiza e favorecer así a impunidade das grandes empresas e corporacións, como é o caso de Reganosa.
O CCE, que promove a mobilización permanente, con concentracións a cada entrada de gaseiro cargado con GNL na Ria, ten interpostos varios contenciosos xudiciais contra a planta de gas de Reganosa. O seu sostén require agora de máis recursos económicos, de aí que prosigamos coa campaña para a obtención dos mesmos e o sobrante do recaudado para salvaguardar a liberdade de Bastida se destine a este fin.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas:

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: