Outro accidente, onte en México, a causa do GNL

Mexico-amanece-con-la-tragedia-de-una-explosion-en-un-hospital-lleno-de-bebes

“O alcalde asegura que se castigará “con todo o peso da lei” aos responsables do accidente”.

Desde o Comité Cidadán de Emerxencia, lamentamos este accidente e os moitos que están sucedendo, pero opinamos que respecto dos accidentes o prioritario é previlos e evitalos. Levamos 15 anos alertando do perigo que para toda a comarca supón a Planta de Gas de Reganosa, innecesaria, deficitaria e que só responde a un pelotazo económico, coa complicidade das Administracións, que son as responsables de evitar que isto poida algún día suceder e das que agardamos non ter que escoitar nunca frases como esta.

Onte, un camión cisterna que descargaba gas natural licuado (GNL) na cociña do Hospital Materno Infantil de Cuajimalpa, preto de Cidade de México, sufriu unha fuga na mangueira de conexión.
Nada puideron facer para deter o escape, nin o persoal do gas nin os bombeiros, e 15 minutos despois produciuse unha enorme explosión que destruíu todo o edificio de dous pisos.

No accidente morreron tres persoas e 66 máis resultaron lesionadas, segundo informes do goberno de Cidade de México.
Dous dos falecidos son bebés de poucos días de nados. A outra persoa é unha enfermeira de 25 anos. Entre os feridos hai nove nenos graves.
Os afectados puidesen ser moitos mais, pero ao suceder ás 7 da mañá, era mínimo o persoal nese momento e non comezaran as consultas externas.
As leis obrigan ás empresas distribuidoras a que todos os vehículos que transportan o combustible conten con válvulas e equipo de seguridade, pero non está claro cantas o cumpren.
O mesmo xoves que ocorreu o accidente no hospital infantil houbo outro, no municipio de Cuautitlán Izcalli, e unha persoa morreu e dúas máis están feridas. O feito ocorreu horas despois do primeiro e a uns 25 quilómetros do anterior.

Outros accidentes de GNL en México nos últimos 5 anos: 117 mortos e centos de feridos.

Maio 2013: En Ecatepec, 24 mortos pola explosion dun camión con gas. Xaneiro 2013: 37 persoas morreron e 125 máis resultaron feridas por unha explosion debida a acumulación de gases nunha torre de Pemex no Distrito Federal. Setembro 2012: 26 persoas falecen ao explotar unha planta de gas de Pemex en Tamaulipas. Decembro 2010: 30 persoas perden a vida nunha explosion ao parecer provocada por un roubo de combustible a unha tubaxe de Pemex.

.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: