Álbum fotográfico da Homenaxe a Victoria e Carmelo

DSC00876

Enlace ao ÁLBUM FOTOGRÁFICO

POEMA DE ESPERANZA, PARA CARMELO

Martes de entroido,
case as tres da tarde.
Unha máscara de morte
convocounos no peirao;

agás ti, estabamos os de sempre
coma sempre, dispostos a berrar consignas solidarias
pola vida e pola ría.

Martes de entroido,
caendo as tres da tarde,
un vento quente do Sur
pecháballe o camiño
ao gas ameazante que viña do poder.

Non precisamos berros nin estrondos coñecidos;
todo mudou de súpeto:
era a túa morte, –Carmelo, — quen viña polo peirao,
abrindo paso a un pranto concentrado
alí, entre bandeiras esixentes de xustiza,
entre miradas cómplices na dor e na carraxe

Ese día fuches ti
quen marcou data e hora da batalla,
quizais por recordarnos que seguirás moi preto,
loitando nesta banda de Nacente.
E venceremos, — Carmelo, — venceremos
porque levamos na man as espadas da razón
e non hai armas no mundo que consigan abaixalas.

Venceremos, — Carmelo, — venceremos;
e por ti, por todos nós, polos que queden
será esta victoria saudosa e implacable.

Entrementres, onde estés, vai preparando un espacio aberto para nós;
que aínda temos que falar de moitas cousas,
compañeiro da alma, ¡¡compañeiro.!!

Rosa Méndez. Burela, 11 de febreiro de 2007

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: