Nota de Prensa do CCE: Valoración Sentenza do Supremo

comitecidadan

Nota de Prensa do CCE
Valoración Sentencia do Supremo

Diante das interpretacións interesadas de Reganosa, segundo as cales, a sentencia recente do Supremo ven de outorgar “rango legal” á segunda modificación puntual do PXOM de Mugardos, este Comité Cidadán quere aclarar que:
Moi ao contrario do declarado pola dirección de Reganosa, e publicado nos medios de comunicación, o único que esta sentenza do Supremo desestima, é a nosa intención de anular esta segunda Modificación pola vía do incidente de execución da Sentencia Anterior.
O Supremo considera que, esta segunda Modificación aprobada trala Sentencia que anulou a primeira, debe de ser resolta no preito que o CCE mantén contra a nova modificación, e que se suspendeu en tanto se tramitaba este incidente. Esta segunda Modificación do PXOM de Mugardos, é así mesmo nula, por no contar cun auténtico estudio de alternativas, circunstancia esta que cualifica o propio Tribunal Supremo de “relevante”, ao non ser posible xa a alternativa cero, ao estar xa realizada a instalación.
O Tribunal Supremo cualifica pois, de relevante o feito de que se tivese aprobado unha nova modificación do PXOM sen a alternativa cero – isto é sen a posibilidade de considerar a non existencia da planta -, e nos invita a alegar esta circunstancia e a continuar coa tramitación da declaración de nulidade da Modificación no procedemento que actualmente temos aberto diante o TSXG.
Ferrol a 16 de Marzo de 2015

Advertisements
Explore posts in the same categories: Sen clasificar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: